Pazo

Pazo de Arretén

Iria Flavia · Padrón · A Coruña

Aínda non hai foto de Pazo de Arretén

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.74611|-8.64639}}

O pazo de Arretén, coñecido como Casa Grande, é un pazo situado no lugar de Arretén, parroquia de Iria Flavia, concello de Padrón, de titularidade privada, no que viviu a escritora galega Rosalía de Castro.

Descrición

Contruído no século XVI pola familia fidalga dos Bermúdez de Castro, na Casa Grande de Arretén naceu o 24 de novembro de 1804 Teresa da Cruz de Castro e Abadía, nai de Rosalía. A construción foi vendida pouco despois da morte de Xosé María, irmán de Teresa e último propietario da familia Castro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi o escenario dun asalto por parte de sindicalistas. Hoxe en día, o pazo, propiedade do grupo Vidalferrs, adicado á hostalería. As 6,5 hectáreas de terreo adícanse maioritariamente ao cultivo de viña albariña (Denominación de Orixe Rías Baixas, subzona Ribeira do Ulla). e o pazo converteuse nun hotel. "A rehabilitación levada a cabo foi obxecto de diferentes sancións, posto que non existía nin proxecto de execución, nin permiso municipal, nin tampouco o informe favorable de Patrimonio." O que non foi obstáculo para que se rematase e toda actividade empresarial se puxera en marcha. Unha placa de pedra no actual pazo-hotel lembra a súa relación con Rosalía de Castro.

Na cultura popular

O pazo aparece mencionado nas novelas A memoria da choiva (2013), de Pedro Feijoo, e A dama da noite (2014), de Xavier Seoane.

Outros artigos

Ruta Rosaliana

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 52 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Padrón, a 1,4 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 504 m

No concello viven 8.324 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar