Pazo

Pazo de Paizás

Cira · Silleda · Pontevedra

Pazo de Paizás, pazo en Silleda

Foto: Lansbricae · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O Pazo de Paizás é unha casa señorial da freguesía de Cira, no concello de Silleda. Foi edificado en 1717 e sufriu diversas reformas posteriormente. O pazo consta dunha nave rectangular con dous costados que permiten pechar un patio interior. Nunha desas ás álzase unha torre posterior á edificación, mentres que a fachada principal está presidida por unha fonte con varios ornamentos e o escudo familiar. Un dos laterais consta de soportal con arcos de medio punto cunha balaustrada no seus remates. Conta cunha ampla plantación de maceiras que producen mazás golden.

Outros artigos

Pazos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 249 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Silleda, a 12,3 km

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 1,3 km

No concello viven 8.908 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar