Ponte histórica

Viaduto do Eixo

A Ponte Ulla · Vedra · A Coruña

Viaduto do Eixo, ponte histórica en Vedra

Foto: Iago Pillado · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O viaduto do Eixo, tamén chamado viaduto do Ulla e novo viaduto de Gundián, é unha das grandes pontes que salvan o curso do río Ulla. É unha estrutura singular rematada no ano 2008 de máis de 1 km de lonxitude, na liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia no tramo entre Ourense e Santiago de Compostela, que formará parte da liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia. É unha obra que está considerada de interese arquitectónico en España.

Características

O viaduto do río Ulla ten unha lonxitude de 630 m e apóiase sobre nove piares directamente sobre o terreo, cunha altura máxima de 116,9 m, e sobre outros cinco piares que descansan sobre un arco de 168 m de luz que salva o río. O arco central ten unha altura de 104,4 m e construíuse empregando dous carros de avance en beiril, un para cada semiarco, o que marca a auténtica dificultade do proxecto construtivo desta obra civil. Cada un dos semiarcos componse dun tramo de arranque que ten unha lonxitude de 10,2 m e de 26 doelas de cinco metros. Ambos os dous semiarcos únense mediante a correspondente doela de clave.

Construción

O ministerio de Fomento, a través da entidade Adif, comezou a execución do arco central do viaduto do Ulla, unha das construcións incluídas no subtramo Silleda (Dornelas)-Vedra-Boqueixón, do eixe Ourense-Santiago de Compostela do Corredor norte-noroeste de alta velocidade, que forma parte da L.A.V. Olmedo - Zamora - Galicia. O sistema construtivo utilizado para o arco central deste viaduto responde á política de Adif de "máximo respecto do medio", xa que as inmediacións do viaduto foron catalogadas como zona especial de conservación (ZEC) coa denominación de "sistema fluvial Ulla-Deza". As especiais características do ámbito e as necesidades de conservación levaron a adoptar diversas medidas que eviten os arrastres de terras procedentes das escavacións das cimentacións.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ponte en arco · Viaduto dunha liña ferroviaria de alta velocidade

Altitude do punto ≈ 55 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Santiago de Compostela, a 16,4 km

Camiño de Santiago Camiño Xabrés, a 274 m

No concello viven 4.906 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar