Pazo
Pazo de Parada
Amoeiro · Ourense

O Pazo de Parada, é unha construción civil situada na parroquia de Parada de Amoeiro, no concello de Amoeiro, tamén coñecido como pazo de Miranda ou como a Casa grande. De propiedade privada, destaca tanto pola súa arquitectura como pola súa relevancia histórica. == Localización == O pazo está enclavado nas terras dos Chaos de Amoeiro, coñecidas pola súa beleza natural e riqueza agrícola e gandeira. A zona está regada polos ríos Formigueiro e Barbantiño, afluentes do Miño, que se aproveitan para o regadío e para mover muíños tradicionais. O predio que rodea o pazo forma parte do núcleo urbano inmediato do lugar da Igrexa. == Exterior == O edificio presenta unha planta en escuadra, con torre no extremo da coxía máis curta. Está construído integramente en perpiaños de granítica, abundante na zona. A coxía longa destaca por unha ampla solaina de máis de 60 metros, con balaústres de pedra e columnas toscanas que sosteñen a cuberta. A coxía curta, de construción máis antiga, alberga o portalón principal, sobre o que pendura unha cadea, símbolo dos privilexios xurisdicionais da casa. Na fachada sur, sobre o portalón, hai tres escudos de armas e unha inscrición que data de 1683. A fachada norte comeza coa torre e inclúe un garitón transformado en retrete bipersonal e un balcón voado con varanda de ferro. A fachada oeste, a máis longa, presenta portas e fiestras, e un contraforte macizo para estabilizar a estrutura. A fachada sur remata cun balcón sobre ménsula de pedra e dous escudos laterais. A cuberta é a catro augas e de tella, con cornixas molduradas na parte máis moderna. Foi rehabilitada entre 2007 e 2008 polo arquitecto Pablo Falcón Nóvoa. == Interior == O interior conserva a prestancia dos seus mellores momentos. Destaca unha ampla escaleira de madeira que conduce a un corredor e á solaina. A coxía curta alberga a cociña con lareira e campá sostida por columnas graníticas, a torre, o arquivo familiar e outras dependencias. A coxía longa contén sete grandes salóns comunicados, un deles con cheminea francesa. Na planta baixa están as dependencias agrícolas e gandeiras, accesibles desde o vestíbulo e desde portóns posteriores. O pazo non ten capela propia, aínda que a familia Miranda posúe unha capela con enterramentos na igrexa parroquial. == Historia == O pazo estivo vinculado a importantes liñaxes galegas como os Ribadeneira, Villamarín, Silva, Enríquez, Nóvoa, Taboada Roca, Salgado Guntín e Miranda, tal e como reflicten as pedras de armas que ornamentan as fachadas do pazo. Na segunda metade do século XVI, Pedro Yáñez Bóveda e Leonor González Enríquez fundaron vínculos de morgado de diversos bens, entre eles o Pazo de Parada, sendo o seu primeiro sucesor o capitán Suero Enríquez Nóvoa. A través de sucesivas xeracións, o pazo chegou a mans de Joaquín Salgado Enríquez, coronel de milicias e, por concesión de Carlos III, primeiro vizconde de Parada e conde de Borraxeiros, quen lle deu o seu maior esplendor na segunda metade do século XVIII. Ao non deixar herdeiros, Joaquín legou os seus títulos ao seu irmán Juan Manuel Salgado, cóengo da Catedral de Tui, para que herdara un fillo natural deste, Juan Francisco Salgado. Porén, un preito con Juan José Soto Altamirano, descendente de Isabel María Salgado, tía de Joaquín Salgado, fixo que os cotos de Barcia de Lira e Parada, incluído o pazo, pasaran a estar vinculados aos Altamirano, procedentes de Trujillo, o que permitiu aos seus descendentes herdar propiedades en Estremadura. A falta de prole dun dos descendentes, Francisco Javier Soto Altamirano, rexedor perpetuo de Ourense, fixo que a herdanza recaera no seu sobriño, José Joaquín Miranda Altamirano, fillo de José Manuel Miranda Vivero y Navia, correxidor da provincia de Chumbivilcas, en Perú, e Antonia Vicenta Soto Altamirano. Na persoa de José Joaquín xuntáronse os títulos de señor de Parada, vicerrei do Perú, cabaleiro cuberto ante o rei, marqués de Trujillo, en posesión do colar de Carlos III, con privilexio de condonación aos reos.…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Parada de Amoeiroa 788 mOurense E.I.-Tamallancos-Amoeiro-Trasalba-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Amoeiro-Tamallancos-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I. · Bubeiras-Amoeiro-Ourense E.I. · Bubeiras-Amoeiro-Ourense E.I.
- Portecelosa 850 mOurense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I.
- OS CASARESa 1.1 kmOurense E.I.-Tamallancos-Amoeiro-Trasalba-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Amoeiro-Tamallancos-Ourense E.I. · Ourense E.I.-Trasalba-Amoeiro-Ourense E.I. · Bubeiras-Amoeiro-Ourense E.I. · Bubeiras-Amoeiro-Ourense E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.