Igrexa
Igrexa de San Tomé de Maside o Novo
Maside · Ourense · 1910
A igrexa de San Tomé o Novo de Maside é unha igrexa aberta ó culto en 1910, que veu substituír a ogrexa de San Tomé de Maside o Vello, onde antigamente se establecía a aldea de Maside Vello, zona onde actualmente se sitúa o cemiterio da parroquia de Maside, no concello de igual nome.
Descrición e historia
A igrexa de San Tomé é de estilo neogótico e é unha obra na que colaboraron o arquitecto rioxano Luis Bellido González e mais Daniel Vázquez-Gulías Martínez, nado este último en Beariz. Luis Bellido, asturiano, era amigo de Wenceslao González, masidao e enxeñeiro de minas que coñecía a obra do arquitecto ó estar casado con Matilde Herrero da coñecida Banca Herrero de Asturias. Grazas ó mecenado de Wenceslao, construíuse o templo, ademais de achegar outros bens materiais á vila de Maside como terreos e propiedades. Diante da igrexa sitúase un cruceiro de 1932 de tipo mariñeiro e policromado. Castelao estudou este cruceiro para o seu libro As cruces de pedra na Galiza. A igrexa aparece recollida no catálogo histórico das Normas Subsidiarias de Planeamiento de Maside:
Outros artigos
Diocese de Ourense
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Maside (marquesiña)a 79 mO Carballiño (auditorio)-As Lagoas · O Carballiño (auditorio)-As Lagoas · Listanco (marquesiña)-CPI Terras de Maside · CPI Terras de Maside-A Casanova (Pitelos)
- Masidea 291 mOurense E.I.-Pontevedra E.A. · Ourense E.I.-Pontevedra E.A.
- Masidea 293 mListanco (marquesiña)-CPI Terras de Maside · CPI Terras de Maside-A Casanova (Pitelos) · Vilanfesta (cruzamento)-Carballiño IES Nº1 · Vilanfesta (cruzamento)-Carballiño IES Nº1 · Cea (parque infantil)-Carballiño IES Nº1 · Cea (parque infantil)-Carballiño IES Nº1
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.