Menhir
Pedrafita de Rebordiño
Laza · Ourense
A pedrafita de Rebordiño é un menhir do tipo «forma cabeza», posiblemente da Idade de Bronce, atopado en Soutelo Verde (O Castro de Laza, Laza). == Descrición == Trátase dunha pedra de granito de 1,88 m de altura, 0,76 m de anchura e 0,40 m de espesor. Presenta unha protuberancia na parte superior que se interpretou como unha cabeza. A un terzo da altura presenta dúas escotaduras que buscan a forma antorpomorfa que se pode ver noutras estatuas-menhir deste tipo. == Historia == O megálito deuno a coñecer en 2015 o etnógrafo Bruno Rúa. Non forma parte de ningunha linde entre aldeas ou parroquias. Un pastor local de Carraxo conservaba unha lenda que di que o menhir é un home que se atreveu a tratar de roubar a clave de ouro que sostiña a bóveda que había debaixo do Castro dos Mouros. Como castigo, o rei mouro converteuno en pedra. Outra lenda conta que cando as mozas ían levar o gando aos prados da Escaceira, a moura que vivía no Pozo da Moura, que nunca secaba, a carón do menhir, insistía en peitealas. == Localización == Atópase preto de Carraxo, alén da estrada OU-113, nunha ladeira de difícil acceso do val do río Támega, nos contrafortes occidentais da serra de Meda, unha prolongación da serra de San Mamede. O lugar é unha fieiteira preto dos restos do poboado fortificado da cultura castrexa de Castro dos Mouros, e podería estar relacionado con el. Do poboado non se conservan restos de muralla ou construcións e foi moi alterado polas actividades forestais. Na zona atopáronse tamén até 78 petróglifos, entre en Soutelo Verde o das Ferraduras, formado por catro ou cinco coviñas e un signo en forma de ferradura. == Notas ==
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Ao lado deste lugar
- Igrexa de San Pedro do Castro de LazaIgrexa
- Castro dos MourosCastro
- Necrópole de Soutelo VerdeNecrópole
- Ponte do CoutoPonte histórica
- Ponte de Soutelo VerdePonte histórica
- Igrexa da Nosa Señora das Neves de CarraxoIgrexa
- Capela de Santa María das MercedesCapela e ermida
- Capela de San Martiño de Soutelo VerdeCapela e ermida