Petróglifo

Petróglifos da Sobreira

Vilagarcía de Arousa · Pontevedra

Aínda non hai foto de Petróglifos da Sobreira

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.62591|-8.71444}}

Os petróglifos da Sobreira é un conxunto de gravados rupestres situado na marxe dereita do río Salgueiro, na parroquia de Cea (Vilagarcía de Arousa). == Descrición == O xacemento descubriuse no ano 2006 coa ampliación do parque eólico do monte Xiabre. As arqueólogas Rocío Varela Pousa e Elena Cabrejas Domínguez iniciaron a catalogación e documentación dos petróglifos cos correspondentes estudos de prospección e medidas correctoras como a definición de área de cautela, área de exclusión e balizado das rochas próximas aos xacementos. O conxunto componse de 14 xacementos cun total de 32 pedras catalogadas. Antes desta intervención só constaba a declaración dun xacemento que é "Monte Xiabre II: GA36060037-YA070820W04". Os petróglifos están catalogados como estilo atlántico na Idade do Bronce menos o conxunto de Sobreira 12: YA070927W02. As tipoloxías son de motivos xeométricos, coviñas, cérvidos e cuadrúpedes. A análise dos elementos dos petróglifos están separados por rochas e por combinacións. Os xacementos de monte Lobeira e monte Xiabre entran dentro da área de acumulación. Como explica Fidel Méndez Fernández, as civilizacións da Idade do Bronce non coñecían a agricultura de labradío senón que practicaban agricultura de aixada consistente na broza e queima do territorio, o que leva a un extinción do terreo co paso do tempo que os levaría a ter que deixar descansar a terra e buscar unha nova. Con este tipo de agricultura a estadía total nun lugar é imposible, polo que terían que ir rotando o territorio e por tanto a ocupación destes xacementos non necesariamente foi nun mesmo período de tempo. == Petróglifos == Petróglifo da Sobreira 1 (YA070621N04). Trátase dun grupo composto por tres pedras. A rocha 1, fracturada en dous bloques, ten tres combinacións de círculos concéntricos, danados pola extracción da canteiria na zona. O motivo máis grande desta pedra é unha coviña xunto con seis aneis; os tres aneis mais próximos ao centro forman unha forma de espiral e os tres círculos seguintes están inacabados. A rocha 2 ten unha coviña rodeada dun suco que ten coviñas. A rocha 3 ten un único motivo que pode ser a representación dunha ferradura. Petróglifo da Sobreira 2 (YA070619W01). Está composto por unha única rocha, a cal consta de varios conxuntos. Un deles está formado por un motivo principal que semella ser un tipo de símbolo de alfabeto xunto cun motivo cruciforme composto por dous rectángulos que se cortan, e ten tamén unha coviña. Outro dos conxuntos está formado por dúas ferraduras, unha coviña e cinco pisadas de cérvido en dirección ascendente na morfoloxía da pedra. Ademais destes conxuntos hai dúas cruces, unha delas con base e varios trazos case impercibibles que poderían suxerir unha terceira cruz e unha ferradura. Petróglifo da Sobreira 3 (YA070618W01). Está composto por dúas rochas. A primeira delas presenta unha combinación de tres aneis cunha coviña central. Nesta rocha aparecen dúas coviñas e tres combinacións máis de 17 coviñas, 21 coviñas e unha combinación de de dous círculos e mais unha coviña. Na segunda rocha os gravados están altamente deteriorados e difíciles de ler. Pode intuírse a presenza de dous aneis e unha coviña. Estes gravados foron sometidos a calco polo seu inminente perigo de desaparición. Petróglifo da Sobreira 4 (YA070621N01). Conxunto de dúas rochas. A rocha 1 presenta varías combinación de círculos interrelacionados entre si por medio de sucos. Dous aneis e unha coviña, do último parte tres elementos que unen a combinación principal con tres círculos. A última combinación consta de 4 círculos que se unen cos anteriores. Na rocha 2 hai constancia de dous sucos que se cortan con outros catro sucos, coa hipótese de que podería ser un cuadrúpede. Tamén hai unha coviña.…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar