Petróglifo

Pedra das Tixolas

Abalo · Catoira · Pontevedra

Pedra das Tixolas, petróglifo en Catoira

Foto: Erreja · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A Pedra das Tixolas ou Laxe das Tixolas é un conxunto de gravados rupestres da Idade do Bronce (1200 - 600 a. C.) situadas na parroquia de Abalo (Catoira).

Características

Os petróglifos atópanse na ladeira dun monte a 180 metros de altitude. Foron realizados nunha roca granítica elíptica de aproximadamente 4,5 metros de ancho cun amplo número de combinacións de círculos simples con liñas, o que lles dá o aspecto de tixolas e cazoletas no seu interior, en consonancia cos motivos abstractos recorrentes no estilo Atlántico de arte rupestre, maioritario en Galicia. Tamén se observan cruces e liñas, posiblemente medievais ou modernas e unha inscrición coa palabra «ballina». En total distínguense unhas vinte combinacións circulares e cruces, destacando unha delas cun pedestal de base.

Conservación

As características litolóxicas do soporte dos gravados favorece a súa conservación, con procesos de alteración lentos. Con todo, a acción humana afectou a súa permanencia ao actuar directamente sobre os paneis con actos de vandalismo, mediante extracción de pedra, obras de infraestruturas varias ou mediante a acción dos incendios forestais. A Pedra das Tixolas atópase alterada pola acción humana, ao realizarse extracción de pedra no lugar, que se utilizou como canteira. Tamén se advirten os sinais de incendios na zona que deixaron manchas sobre a roca, aínda que non se produciron perdas ou desprendementos da superficie. En 2023, a partir dunha subvención de 5.916,90 € achegada pola Deputación Provincial de Pontevedra, rozouse a área e sinalizáronse os accesos ao xacemento.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Petróglifo

Altitude do punto ≈ 134 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vilagarcía, a 5,6 km

Camiño de Santiago Camiño Portugués Variante Espiritual, a 730 m

No concello viven 3.275 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar