Petróglifo

Petróglifos de Ghorghalado

As Eiras · O Rosal · Pontevedra

Petróglifos de Ghorghalado, petróglifo en O Rosal

Foto: Erreja · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Os petróglifos de Ghorghalado son un conxunto de máis de 350 motivos gravados rupestres da Idade de Bronce situados na parroquia das Eiras (O Rosal).

Descrición

O conxunto arqueolóxico ten 350 gravados reunidos en pequenos grupos, que forman diversas composicións xeométricas e abstractas aproveitando as fendas e as irregularidades da roca esquistósica na que están labrados para ordenar a disposición. Son recorrentes os círculos concéntricos, algúns con cazoleta; tamén as formas cuadrangulares e ovaladas e as liñas.

Descubrimento

Os petróglifos de Ghorghalado descubríronse de forma casual en 2012 por unha veciña do lugar. En 2015, o Concello do Rosal, xunto coa Deputación de Pontevedra, a Dirección Xeral de Patrimonio e a comunidade de montes das Eiras escavaron este xacemento que se atopaba enterrado e cuberto de vexetación e que constitúe o primeiro petróglifo que se desenterrou en Galicia para a súa recuperación.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 89 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Calvario, a 3,8 km

Camiño de Santiago Camiño Portugués da Costa, a 1,1 km

No concello viven 6.573 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar