Illa

Illa Morraceira das Varandas

O Rosal · Pontevedra

A Illa Morraceira das Varandas, tamén coñecida como Morraceira das Varandas, Illa das Varandas ou Illa dos Burros, é unha illa fluvial situada no esteiro do río Miño, no concello do Rosal, na provincia de Pontevedra. Forma parte do conxunto de morraceiras que caracterizan a desembocadura do Miño e constitúe unha das principais illas sedimentarias do Baixo Miño. == Xeografía == A illa atópase fronte á parroquia de San Miguel de Tabagón, no termo municipal do Rosal, no treito internacional do río Miño próximo á súa desembocadura. Trátase dunha formación aluvial creada pola acumulación de sedimentos transportados polo río. O topónimo morraceira procede do portugués e designa unha porción de terra que sobresae no medio dun río. O nome Varandas relacionouse tradicionalmente coas ondulacións ou vagas que forma a auga durante os temporais. == Medio natural == A illa forma parte do espazo natural protexido do Baixo Miño, integrado na Rede Natura 2000. Os seus hábitats están asociados ás zonas húmidas estuarinas, canaveiras, prados húmidos e bancos sedimentarios característicos do tramo final do Miño. A illa é utilizada ocasionalmente para o pastoreo extensivo de gando vacún e cabalar, aproveitando os períodos de marea baixa para o acceso dos animais. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Illa Morraceira do Grilo Illa Canosa Río Miño O Rosal

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar