Praza e alameda

Porta do Sol

Vigo · Pontevedra

Porta do Sol, praza e alameda en Vigo

Foto: Xosema · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A porta do Sol é unha praza situada na cidade de Vigo. Recibe ese nome por estar localizada nunha das sete portas de entrada á antiga cidade amurallada, concretamenta á orientada cara o nacemento do Sol. A porta do Sol é unha praza peonil, lixeiramente inclinada cara o leste, e que comunica coa praza da Constitución, a praza da Princesa e as rúas Príncipe, Policarpo Sanz, Elduayen, Doutor Cadaval, Segunda República e Carral. A praza é un lugar icónico da cidade. Foi testemuña de grandes acontecementos de interese que tiveron lugar en Vigo, como a inauguración do alumeado de gas en 1789 ou as sepulturas de Ricardo Mella e Xosé García Barbón. Na praza tamén se proclamou na cidade a Segunda República. É lugar de celebración de actos e concertos. Nela celébrase anualmente o acto de inauguración do alumeado de Nadal. A porta do Sol é considerada o quilómetro cero da cidade.

Historia

A porta do Sol recibe dito nome por ser o lugar onde se localizaba unha das sete entradas ou "portas" da cidade, cando esta permanecía amurallada antes do seu derribamento definitivo en 1862. O nome de "porta do Sol" vén da orientación de dita entrada cara o leste, onde nacía o Sol. O recinto amurallado foi construído no ano 1656 e financiado pola cidadanía viguesa e o rei Filipe IV. A muralla contaba con sete portas de entrada distribuídas por toda a muralla.

Primeira remodelación

A finais do século XIX, realizouse unha primeira remodelación coa creación dun novo vial que conectase a porta do Sol co paseo de Afonso sen ter que arrodear a praza da Constitución anexa. Así, esta actuación permitiu converter unha rúa nun conato da praza que é na actualidade. Dita actuación foi liderada polo alcalde que daquela gobernaba a cidade, Manuel Bárcena Franco.

O Sereo

A escultura do Sereo é unha figura antropomorfa do escultor cambadés Francisco Leiro no ano 1991. Eríxese no centro da praza e ten unha altura de 11 metros. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe. É unha escultura que está influenciada polo León de San Marcos de Venecia.

Segunda remodelación

Unha segunda remodelación máis contemporánea permitiu a practicamente completa peonalización da praza. Dita actuación aínda está a completarse,[cando?] e inclúe un túnel que comunica a rúa de Policarpo Sanz con Torrecedeira.

Edificios singulares

Edificio El Moderno Edificio Pardo Labarta Edificio Simeón, un dos principais baluartes do modernismo vigués e influenciado pola arquitectura do francés Gustave Eiffel. O arquitecto do edificio é Michel Pacewicz. O Sereo, escultura do galego Francisco Leiro. Edificio Banco de Vigo, que posteriormente pertenceu ao Banco Pastor e ao Santander. Construído no ano 1923 e deseñado por Manuel Gómez Román.

Galería de imaxes

Outros artigos

O Sereo Francisco Leiro

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praza

O chan Lastras

Altitude do punto ≈ 32 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vigo, a 56 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,6 km

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Para ir

Iluminado Si

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar