Praia

Praia da Frouxeira

Valdoviño · A Coruña

Praia da Frouxeira

A praia da Frouxeira é un areal situado no concello de Valdoviño que pecha o aceso ao mar da lagoa da Frouxeira, espazo ecolóxico protexido que é refuxio de cría de aves. Un paseo marítimo percorre parte da praia e da lagoa no lado de Valdoviño. O areal e a súa lagoa forman un espazo ecolóxico virxe de area fina e branca cunha lonxitude de máis de tres quilómetros dende Valdoviño ata Meirás. No extremo de Valdoviño está o castro da Frouxeira. Preto del está a illa da Percebelleira. No extremo de Meirás está o faro de Meirás, sobre un penedo rochoso apreciado por pescadores e mariscadores. A praia da Frouxeira ten bandeira azul aínda que o baño pode ser perigoso ao ser mar aberto. A zona vixiada para o baño é a máis preto de Valdoviño. == Imaxes == == Véxase tamén == Lagoa e areal de Valdoviño Lagoa da Frouxeira === Ligazóns externas === A Frouxeira. Turgalicia Lagoa da Frouxeira.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar