Praia

Praia da Suacasa

Teis · Vigo

Aínda non hai foto de Praia da Suacasa

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|42.26405|-8.67868}}

A praia da Suacasa ou praia da Cacharela é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha pequena praia semiurbana cunha extensión de 54 metros.

Localización e acceso

A praia está localizada na parroquia viguesa de Teis, no límite con Chapela. Está flanqueada polas praias do Mende e Arealonga. A accesibilidade a esta praia é limitada. Pódese acceder desde o camiño da Cacharela a través dunhas escaleiras irregulares e mal definidas. Tamén é posible tomar un paseo peonil desde Mende ou Arealonga. O servizo máis próximo de bus urbano é a liña C3 de Vitrasa, con parada na avenida de Galicia.

Descrición

Trátase dun pequeno areal con forma de media lúa. A area é fina e de cor crema con matices grises, aínda que desaparece practicamente nos períodos de preamar. Está considerada a praia máis pequena de Vigo e encóntrase en perigo de desaparición a causa das correntes marítimas cambiantes e das construcións artificiais da súa contorna.

Outros artigos

Teis Praia do Mende Praia de Arealonga

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 1 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vigo, a 4,8 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 844 m

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar