Dolmen

Mámoa do Rei

Cedeira · Redondela · Pontevedra

Mámoa do Rei, dolmen en Redondela

Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A Mámoa do Rei é unha mámoa pertencente ao complexo arqueolóxico de Monte Penide, na parroquia de Trasmañó ou na de Negros (Redondela).

Características

A mámoa posúe planta poligonal orientada cara ao leste e conserva seis ortóstatos ou lousas que forman no seu interior unha cámara. O túmulo de terra é dun diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura. O estado de conservación está alterado por mor de causas humanas, coma estradas asfaltadas ou postes telefónicos. Ademais, existen diversas raposeiras e vexetación propia do bosque que altera o túmulo. No seu interior foron atopados restos arqueolóxicos prehistóricos, coma cerámicas, ferramentas de pedra, punta de frecha de sílex e outros enxovais.. O túmulo era coñecido desde a década de 1950 tras as prospeccións realizadas por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Despois, a mámoa sufriu abandono e deterioración, conservando só algúns dos esteos in situ. No verán do 2001, unha intervención arqueolóxica reconstruíu o monumento, reintegrando a lousa que cobre a cámara, partida en dous, ademais de recuperar diversos materiais cerámicos e líticos. Na actualidade está catalogada coma Ben de Interese Cultural..

Outros artigos

Redondela Monte Penide Megálitos de Galicia

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Protección Ben de Interese Cultural

Altitude do punto ≈ 316 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Redondela, a 2,2 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 603 m

No concello viven 28.928 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar