Praia
Praia de Baldaio
Lema · Carballo · A Coruña
Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A praia de Baldaio é un areal bañado polo océano Atlántico situado na parroquia de San Cristovo de Lema, no concello coruñés de Carballo.
Características
Praia aberta de area dourada e gran fino que xunto coa praia de Razo, á que está unida por un cordón de máis de tres quilómetros de dunas, forma un dos areais mais extensos de Galicia.
Espazo protexido
Esta praia está protexida pola Rede Natura 2000 para a conservación da biodiversidade como LIC e ZEPA.
Acontecementos
1843 - Naufraxio do RMS Solway. Primeiro gran vapor de pasaxe naufragado en España e primeira gran perda da compañía inglesa Royal Mail Steam Packet Company. 1881 - Naufraxio do SS Mennythorpe, un vapor mercante inglés de ferro. 1885 - Embarranca o mercante a vapor inglés Tunstall, de 320 pes de eslora. 1891 - Naufraxio do buque francés Nantes que deixa tres mortos e cento quince superviventes. 1898 - Naufraxio do vapor mercante alemán Nord con 1800 toneladas de carbón e 8000 toneladas de cobre e bronce. 1898 - Naufraxio do pesqueiro galego Noya deixa tres falecidos. 1929 - Encalla o mercante a vapor español Mari Victoria. 1933 - Encalla o mercante a vapor español Maria Adaro. 1945 - Naufraxio do vapor Ramonin de Ferrol. 1949 - Naufraxio do petroleiro inglés Nuculana. 1991 - Naufraxio do pesqueiro galego Os Tonechos, nos Baixos de Baldaio, deixa nove falecidos. 2002 - A marea negra do Prestige alcanza a costa. 2003 - Un avión militar emprega a praia de Razo - Baldaio como pista de aterraxe de emerxencia.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Praia de area dourada
O chan Area
Lonxitude 4 km
Altitude do punto ≈ 4 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Carballo, a 8,8 km
No concello viven 32.095 (2025) · IGE
Para ir
Socorrismo Si
Chegar en bus
- ARNADOSa 991 mCaión-Carballo E.A.
- ARNADOSa 999 mCAIÓN-CARBALLO E.A.
- ARNADOSa 1,0 kmArnados - Encrucilladas 2 · Arnados - Encrucilladas 2
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.