Praia

Razo

Razo · Carballo · A Coruña

Razo, praia en Carballo

Foto: Danotsu · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia de Razo é un areal bañado polo océano Atlántico situado na parroquia de San Martiño de Razo, no concello coruñés de Carballo.

Características

Praia aberta de area dourada e gran fino que forma xunto coa praia de Baldaio un dos areais mais extensos de Galicia protexido pola súa riqueza natural. Conta coa bandeira azul e con múltiples posibilidades para o lecer e o deporte.

Deporte

Razo goza de recoñecemento como destino para a práctica de deportes náuticos e ten unha importante comunidade que vive do surf contando, entre outras, cunha escola pioneira en España fundada no ano 1991. Tamén son habituais os torneos de voleibol e as persoas que aproveitan a intensidade do vento desta zona para practicar ala delta ou parapente.

Interese xeolóxico

A praia de Razo presenta varios afloramentos de praias fósiles formadas na era cuaternaria. Isto pode apreciarse nos seus cantís, onde se ven os distintos estratos que son testemuño da evolución da praia ao longo de milleiros de anos. Tamén é posible observar abundantes acumulacións de minerais pesados. Ademais, de Razo parte un dos fenómenos xeolóxicos máis importantes de Galicia: a Depresión Meridiana, falla que racha o territorio galego de norte a sur.

Espazo protexido

Esta praia está protexida pola Rede Natura 2000 para a conservación da biodiversidade como LIC e ZEPA.

Acontecementos

1929 - Naufraxio do barco de vapor María Victoria. 2002 - A marea negra do Prestige alcanza a costa. 2003 - Un avión militar emprega a praia de Razo - Baldaio como pista de aterraxe de emerxencia. 2006 - Unha marea de obxectos procedentes dun barco mercante afecta a costa de Razo. 2024 - A marea de granulado plástico que provocou un buque ao perder parte da súa carga fronte á costa portuguesa chega a Razo.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada

Lonxitude 1,3 km

Altitude do punto ≈ 2 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Carballo, a 8,6 km

No concello viven 32.095 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar