Praia

Praia dos Cristais

Laxe · A Coruña

Praia dos Cristais, praia en Laxe

Foto: AnaisGoepner · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia dos Cristais é un pequeno areal situado na vila de Laxe, na Costa da Morte. A súa denominación débese a que a praia está chea de pequenos anacos de cristal, que semellan area multicolor. O vidro tirábase preto da praia e despois de se desgastar por erosión na costa foise acumulando nesta, xa que é unha zona de deposición. A praia ten un pequeno varadoiro que serve de refuxio para pequenas embarcacións e un palco de pedra onde se realizan actividades culturais coma o solpor poético. Preto da praia hai un miradoiro e o faro da Insua. Nesta praia rodouse a serie Mareas vivas da TVG. Por esta praia pasa a 4ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros.

Outros artigos

Praia de Traba Camiño dos Faros

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

O chan Coios

Altitude do punto ≈ 7 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Laxe, a 662 m

Ruta que pasa preto O Camiño dos Faros, a 77 m

No concello viven 2.881 (2025) · IGE

Para ir

Socorrismo Non

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar