Praia

Praia do Adro

Vigo · Pontevedra

Praia do Adro, praia en Vigo

Foto: farrangallo · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia do Adro ou praia de Bouzas é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dun areal urbano situado no corazón da parroquia de Bouzas e que ten unha extensión de 450 metros. Conta coa distinción de Bandeira Azul.

Localización e acceso

A praia está localizada na parroquia viguesa de Bouzas. Na súa contorna sitúase o centro histórico do barrio, incluída a igrexa de San Miguel, de cuxo adro toma o nome. Pode chegarse á praia do Adro desde a VG-20. Tamén é posible acceder desde a avenida de Beiramar para posteriormente tomar a travesía de Bouzas Portuario. Existe un amplo aparcadoiro na contorna da praia. As liñas C3, L13 e L28 de Vitrasa prestan servizo a este areal. A praia dispón de acceso peonil a través do paseo marítimo de Bouzas, integrado nun sendeiro azul de 7 km con orixe na praza da Estrela.

Descrición

Trátase dunha praia alongada e pechada. A area é branca e de tamaño variable segundo a zona. No ano 2023 obtivo a distinción de Bandeira Azul. En 2026 finalizouse unha intervención na contorna da praia do Adro que incluíu unha duna artificial e novas áreas de xardín.

Outros artigos

Bouzas Igrexa de San Miguel de Bouzas

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada · Praia urbana

Lonxitude 450 m

Altitude do punto ≈ 5 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Vigo, a 2,7 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 2,2 km

No concello viven 295.735 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar