Praia

Praia do Orzán

A Coruña

Praia do Orzán, praia en A Coruña

Foto: Image provided by ☣Banjo · Public domain · Wikimedia Commons ↗

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Características

Ten aseos públicos, duchas, vixilancia, aparcadoiro, posto de socorro e acceso para discapacitados. Está prohibida a entrada con animais. É habitual a práctica do surf e bodyboard cando as condicións meteorolóxicas son as axeitadas, marea baixa e vento do sueste. Celébranse diversos campionatos ó longo do ano, como son unha proba do circuíto galego de surf. As liñas do bus que ata aló chegan son a 3A, a 4, a 6, a 6A e a 11.

Outros artigos

A Agra do Orzán Praia de Riazor

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada · Praia urbana

Lonxitude 700 m

Altitude do punto ≈ 18 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Coruña, a 729 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 551 m

No concello viven 251.277 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar