Monte e serra
Serra do Cabreiro
Quiroga · Lugo
A serra da Cabreiro é unha prolongación cara ao suroeste da serra dos Cabalos, ambas as dúas pertencentes ás serras orientais de Galiza. Está localizada entre os ríos Soldón e Vilarmel. Dos seus cimos baixan diversos afluentes do primeiro, o río Soldón, e un deles, o río Caroceiro, forma unha seimeira de máis de 40 metros de caída que soamente é visíbel en época de chuvias. O punto de maior altitude da serra é o alto do Cabreiro, con 1.388 metros sobre o nivel do mar. == Véxase tamén == === Bibliografía === As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗