Monte e serra
Serra dos Cabalos
Outeiro · Quiroga · Lugo
Foto: Emi Yañez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A Serra dos Cabalos é unha das serras orientais de Galiza. Esténdese en dirección NE-SO e está localizada nos límites entre Galiza e a provincia de León. Está conformada por lousas, granitos, areíscas, cuarcitas e calcarias. Polo norte, o leste e máis o sur está rodeada polo río Selmo e os seus afluentes; polo oeste está o curso do río Soldón. O punto de maior altura é o pico Montouto, con 1534 metros sobre o nivel do mar.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Serra
Altitude do punto ≈ 1.275 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima O Barco, a 13,4 km
No concello viven 3.035 (2025) · IGE