Teatro
Teatro Circo Emilia Pardo Bazán
A Coruña

Foto: Wikimedia Commons · Public domain · ver o ficheiro ↗
O Teatro Circo Emilia Pardo Bazán foi un centro de representación escénica situado na cidade da Coruña. Foi inaugurado o 11 de abril de 1903 e demolido en 1915.
Historia
O Teatro Circo Emilia Pardo Bazán foi deseñado polo arquitecto bilbaíno Atanasio Anduiza modificado por Pedro Mariño. Localizábase na avenida da Mariña, en terreos do porto, onde entre 1888 e 1901 estivo situado o Circo Coruñés. Inicialmente íase chamar Teatro Circo Concepción Arenal, mais o fillo da homenaxeada rexeitou a idea. O 15 de abril de 1902, o presidente da sociedade do teatro, Juan Rodríguez Montero, informou do nome definitivo, dedicado a Emilia Pardo Bazán. A inauguración tivo lugar o 11 de abril de 1903 coa obra La Tempestad. Xa durante ese ano ofrecéronse tamén sesións de cinema. O Teatro Circo estaba situado xunto ao municipal Teatro Principal e para evitar a competencia na concesión incluíronse cláusulas en favor do teatro municipal. Por este motivo, viuse obrigado ao peche e o 4 de decembro de 1912 aprobouse a súa adquisición para convertelo na Escola Superior de Comercio. Finalmente, o 15 de setembro de 1915 o concello aprobou a demolición do teatro.
Descrición
O edificio medía 50 metros de lonxitude e 30 metros de largo. A fachada estaba inspirada nos teatros italianos, cun frontón triangular sustentado por columnas de estilo corintio e un pórtico para gorecer o público. A pista contaba con 450 butacas, e a capacidade total era de 1800 espectadores.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Estrutura desaparecida
Leva o nome de Emilia Pardo Bazán
Inaugurado 1903
Deixou de usarse 1915
Altitude do punto ≈ 14 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Coruña, a 315 m
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 56 m
No concello viven 251.277 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Teatro Colóna 92 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
- Obeliscoa 197 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Obeliscoa 218 mPazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza · A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
