Teatro

Teatro da Beneficencia

Ortigueira · A Coruña · 1850

Teatro da Beneficencia, teatro en Ortigueira

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

O Teatro da Beneficencia é un recinto cultural situado na á leste do convento de San Domingos de Ortigueira. Destacan os seus frescos realizados en 1892 por Vicente Martínez. En 1991 foi reinaugurado trala súa remodelación.

Características

O teatro ten unhas dimensións de 35 x 6,5 metros, con escena, palco e paraíso.

Historia

O Teatro da Beneficencia está na á leste do edificio conventual de San Domingos de Ortigueira, a sala era empregada antigamente polos monxes para almacenar viño e leña. Un grupo de veciños promoveu no século XIX as obras que converteron estas dependencias nun recinto cultural. Froito desta iniciativa, e grazas ás achegas económicas dos habitantes da vila, inaugurouse en 1850 o Teatro da Beneficencia. Vinte e cinco anos despois, o Concello asumiu os traballos que lle deron o aspecto que hoxe presenta. Só faltaban daquela o pano do escenario e as pinturas que decoran o teito, realizadas na década final do século XIX, obra de Vicente Martínez Laxe en 1892 -teñen un predominio dos tons claros e dos corpos medio espidos- e Pedro Castiñeiras –panorámica da vila-. Ámbolos dous eran artistas locais. O Teatro rexuveneceuse seguindo a planificación conxunta de Gerardo Salvador Molezún, Rafael Baltar Tojo, José A. Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña Díaz, e reinaugurouse en 1991.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Quen o coida Concello de Ortigueira

Altitude do punto ≈ 11 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ortigueira, a 21 m

No concello viven 5.424 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Rúa Curuxeira, 15330, Ortigueira

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar