Praia

Praia de Morouzos

Luama · Ortigueira · A Coruña

Praia de Morouzos, praia en Ortigueira

Foto: Céltigos · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia de Morouzos é o nome co que se coñece un dos extremos dun extenso areal na parroquia de Luama, no Concello de Ortigueira. O outro extremo é a praia de Cabalar. Ten unha importante extensión dunar e dun piñeiral cunha área recreativa con lareiras, bancadas e xogos infantís.

Datos

Situada nunha contorna rural, trátase dun areal orientado cara ao norte na desembocadura da ría. Ten unha lonxitude aproximada de 2.000 metros e unha anchura duns 110 metros. O grao de ocupación adoita ser medio debido ao seu parcial illamento. É característica a cor negra da area así como as ondas moderadas. É meritoria da bandeira azul polo seu elevado número de servizos; a praia ten aseos, duchas, pasarelas de acceso, papeleiras, servizo de limpeza, equipo de vixilancia e salvamento, sinalización de perigo, posto de socorrismo e aparcadoiro de gran capacidade. Enfronte atópase a Illa de San Vicente, á cal pódese acceder a pé, con precaución, durante a baixamar, desde onde contemplar as vistas sobre a ría de Ortigueira. No piñeiral anexo á praia adoitan acampar de xeito gratuíto os asistentes ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Galería de imaxes

Acampada durante o Festival Celta

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Praia de Ladrido - Morouzos - Cabalar

Altitude do punto ≈ 4 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ortigueira, a 2,1 km

No concello viven 5.424 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar