Teatro
Teatro Rosalía de Castro
A Coruña · 1868
Foto: Ajuanta · CC0 · Wikimedia Commons ↗
O Teatro Rosalía de Castro é unha institución cultural da cidade da Coruña, de titularidade municipal, xestionada polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) do Concello da Coruña e dirixido por Javier Sabadie Iglesias. Trátase dun centro de representación escénica situado no centro da cidade herculina, en plena Rúa Real e moi próximo á Praza de María Pita. Nas súas dependencias atópase tamén dende o 20 de maio de 1994, a Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.
Características
O edificio é un teatro do século XIX de estilo ecléctico. Dispón dun escenario de 150 metros cadrados e dunha capacidade de entre 628 e 712 localidades repartidas entre o patio de butacas e catro niveis, e que se encontran acondicionadas para albergar distintos tipos de espectáculos artísticos (música, danza, teatro etc).
Historia
A historia do emblemático edificio que alberga o Teatro Rosalía Castro, na céntrica rúa Rego de Auga (no número 37) remóntase ao ano 1838, cando o Concello da Coruña adquiriu o terreo edificable da antiga igrexa de San Xurxo para construír o teatro e emitiu unha subscrición pública de accións para realizar a devandita construción. As obras de construción do novo teatro finalizalo en 1841, ano no que se inaugurou o Teatro Nuevo ou Principal. En 1851 debutou no teatro o violinista Pablo Sarasate. En 1867 o teatro foi destruído por un incendio, sendo reconstruído en 1868. O nome actual do teatro data de 1909, e en 1910 adaptouse para realizar proxeccións cinematográficas. En xuño de 1931 tivo lugar no teatro a Asemblea Rexional que se reuniu para aprobar o primeiro proxecto de estatuto de Galicia e o 8 de decembro de 1935 acolleu un mitin organizado pola Confederación Rexional Galaica da CNT no que participaron Federica Montseny, Manuel Amil Barcia e Claro José Sendón. O 20 de maio de 1994 instalouse nas súas dependencias a Biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.
Outros artigos
Xogos florais da Coruña
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Leva o nome de Rosalía de Castro
Andares 5
Inaugurado 1868
Altitude do punto ≈ 16 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Coruña, a 233 m
Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 46 m
No concello viven 251.277 (2025) · IGE
Segundo (2024)
Para ir
Enderezo Rúa Rego da Auga 37, 15001, A Coruña
Chegar en bus
- Teatro Colóna 189 mTeatro Colón-San Pedro de Nós · San Pedro de Nós-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · IES Miraflores (piscina Piñeiro)-Teatro Colón · Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace)
- Porta Reala 200 mA Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Reala 220 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
