Monumento

Virxe da Rocha

Baiona · Pontevedra · 1930

Virxe da Rocha

A Virxe da Rocha é unha escultura de pedra da Virxe María de 15 metros de altura con miradoiro ao que se accede polo interior da mesma, situada no monte Sansón ou monte de San Roque, a 100 m sobre o nivel do mar, nas Rías Baixas, no do concello pontevedrés de Baiona. == Historia == A idea da súa construción foi do enxeñeiro Laureano Salgado Rodríguez. A primeira pedra colocouse o 18 de setembro de 1910, colocándose sobre ela unha pequena caixa de cinc con dúas moedas de ouro, dúas de prata e dúas de bronce, ademais dunha copia da acta de tal acontecemento. Para recadar fondos para a construción, Mercedes de la Escalera organizou colectas por subscrición popular e a representación da obra La Virgen de la Roca: Apropósito lírico, con letra de Xosé María Barreiro e música do sacerdote Ángel Rodulfo, en Baiona en setembro de 1910, noutras cidades galegas, no Teatro Real de Madrid en 1911 (cedido polo empresario Luis Calleja Fernández) e en América Latina. A execución da obra foi lenta debido ás dificultades económicas, inaugurándose o 14 de setembro de 1930. == Descrición == Mide 15 m de altura. A talla en pedra foi deseñada polo arquitecto porriñés Antonio Palacios, e a cara e as mans, que son de mármore branco, foron feitas polo escultor madrileño Ángel García Díaz, colaborador habitual de Palacios. A coroa está rodeada dun nimbo de azulexos e pedra que descansa sobre os ombreiros. O interior do monumento é oco e ten unha escaleira de caracol, inicialmente de madeira e ferro, substituída despois por unha de pedra, obra do canteiro local Angelito Vernet, que permite subir ó barco que a Virxe sostén na man dereita. Con capacidade para cinco persoas, serve de miradoiro cara ao océano Atlántico. A carón do monumento levantouse máis tarde o parque recreativo "Mercedes de la Escalera" de gran superficie, dotado de viacrucis, restaurado en 2014, bancos e mesas de pedra, no que se celebra o último domingo de agosto a popular romaría dedicada á Virxe. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === === Outros artigos === Baía de Baiona Camiño Portugués Castelo de Monterreal Serra da Groba === Ligazóns externas === "Virxe da Rocha turismo.gal. Xunta de Galicia.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar