Monte e serra

Vixía de Herbeira

Cedeira · A Coruña

Vixía de Herbeira

Vixía Herbeira é un punto da costa galega, o punto máis alto da serra da Capelada, entre os concellos de Cariño e Cedeira, na provincia da Coruña. Alí atópanse os cantís cunha maior cota sobre o nivel do mar da Europa continental, con 613 metros sobre o mesmo, e o cuarto de maior altura de Europa (incluíndo as illas), tralos de Hornelen (860 m), Cabo Enniberg (754 m) e Croaghaun (668 m). A contorna da Vixía de Herbeira está integrada na Rede Natura 2000, dentro da zona especial de conservación (ZEC) Costa Ártabra, debido ao elevado valor ecolóxico dos seus hábitats costeiros, da súa flora e da súa fauna. == Situación == Atópanse no concello de Cedeira (provincia da Coruña), na estrada que une a vila de Cariño e Cedeira, pasando pola aldea e santuario de Santo André de Teixido. Moi preto de Herbeira está o cabo Ortegal onde fican as rochas máis antigas da península Ibérica e as cuartas do mundo. No alto do beiril hai un vértice xeodésico e unha garita de vixilancia, a garita de Herbeira, edificada no século XVIII xunto con outras que existen na costa cantábrica galega ata Ribadeo e que vixiaban a costa da chegada de ingleses e de piratas normandos. A paisaxe está ateigada de rochas que sobresaen entre unha mesta matogueira de uces e toxos na que pace gando vacún e cabalar en condicións de semiliberdade. Dende o alto do cantil divísase unha panorámica do océano, da costa, e das puntas Tarroiba e Robaliceira, polo que se está a converter nun dos lugares máis turísticos do país. Na parte posterior instalouse unha central eólica para aproveitar a forza do vento na zona. == Garita de Herbeira == A garita de Herbeira é unha vella caseta no mesmo beiril do cantil, tipo alpendre, construída orixinariamente no século XVIII. O caseto actual data de 1805, e foi deseñado polos enxeñeiros da coroa de entón e construído polos veciños da comarca. Formaba parte dunha serie de construcións dedicadas á vixilancia costeira e marítima ao longo da costa, e que acollerían un pequeno destacamento militar.<ref name="turismo"> A garita arrodéase dun pequeno valado de pedra. Os muros son de cachotaría de pedra de gra, e a planta é rectangular duns 15 m². Ten catro ocos, a porta e tres xaneliñas. Ten tamén unha cheminea. A cuberta soluciónase coa mesma pedra formando unha bóveda. No ano 2003 a garita e a súa contorna foron restauradas. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cabo Ortegal Santuario de Santo André de Teixido Cantís de Loiba

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Ao lado deste lugar