Xardín botánico

Xardín Botánico Ría do Burgo

Rutis · Culleredo · A Coruña

Xardín Botánico Ría do Burgo, xardín botánico en Culleredo

Foto: Elisardojm · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Xardín Botánico Ría do Burgo e Aula da Natureza Juan Lembeye, é un xardín botánico duns 50.000 m² de extensión, pertencente ó concello de Culleredo.

Localización

Atópase no paseo marítimo do Burgo en Culleredo, á beira da ría do Burgo, na provincia da Coruña.

Coleccións

No Xardín Botánico atópanse unha gran variedade de especies autóctonas e tamén se recrea un xardín ó estilo dos pazos galegos. Noutras parcelas proxectáronse pequenos xardíns tradicionais de distintas partes do mundo. Dispón tamén dun invernadoiro, un pequeno parque infantil e unha pequena lagoa que se enche coa subida da marea xa que está conectada á ría. No seu interior está a Aula da Natureza que é utilizada para diferentes actividades como exposicións, concertos, diferentes cursos de temática medioambiental etc.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Leva o nome de Juan Lembeye

Altitude do punto ≈ 4 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima O Seixo, a 915 m

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 86 m

No concello viven 31.232 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar