Festa

Coca de Betanzos

Betanzos · A Coruña · 1500

Localização aproximada: Betanzos

Ainda não há foto de Coca de Betanzos

Se tiveres uma, carregue-a para a Wikimedia Commons ↗ com as coordenadas indicadas e chegará sozinha a este mapa e a qualquer outro que use dados abertos. Ou envie-nos.

{{Location|43.27917|-8.21063}}

Festa em Betanzos, A Coruña, a 25 m de altitude, a 35 m do Camiño Inglés.

Betanzos é un concello e cidade da provincia da Coruña, que pertence á comarca de Betanzos. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 12.941 habitantes (13.352 no 2015, 13.673 no 2010). Betanzos foi unha vila creada polo rei Afonso IX, tras aceptar en 1219 o traspaso da poboación de Betanzos O Vello ao lugar de Castro de Untia. Betanzos viviu o seu auxe no baixo medievo, medrando polo comercio da pesca, o viño e dos fornos, e nela instauráronse fidalguías e gremios importantes. Foi declarada cidade do Reino de Galicia polo rei Henrique IV en 1465. Betanzos foi capital de provincia entre os séculos XVI e XVIII. As casas de Fonte de Unta, as súas murallas e portas, as súas igrexas como as de San Francisco e Azougue, a Torre de Lanzós ou a Torre do reloxo na igrexa de Santiago fan que sexa a referencia galega do gótico e unha cidade declarada conxunto histórico-artístico. Outro patrimonio de interese de Betanzos son as súas igrexas románicas de Brabío, Pontellas ou Tiobre; os edificios neoclásicos de San Antonio de Padua, o Arquivo do Reino de Galicia ou o pazo de Piadela; e conxuntos modernistas como a Casa Núñez, a escola de García Naveira ou o Parque do Pasatempo. A súa ría, coa súa marisma, e os ríos Mendo e Mandeo, que pasan por Betanzos e bordean a cidade, son parte da zona especial de conservación (ZEC) Betanzos - Mandeo. A ribeira de Piadela e a súa parte do encoro forman parte do ZEC Encoro de Abegondo - Cecebre. Destacan destes espazos a súa diversidade de ribeira, e da marisma no caso do Betanzos-Mandeo. Betanzos forma parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. O xentilicio é betanceiro, brigantino ou popularmente garelo.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

Altitude do ponto ≈ 25 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Betanzos, a 4 m

Caminho de Santiago Camiño Inglés, a 35 m

Habitantes do concelho 13.508 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar