Biblioteca

Fundación Wenceslao Fernández Flórez

Cecebre · Cambre · A Coruña

Fundación Wenceslao Fernández Flórez, biblioteca en Cambre

Foto: Cossue · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Biblioteca na Espanha, a 28 m de altitude, a 3,2 km de Cambre.

A Fundación Wenceslao Fernández Flórez é unha institución de interese público e sen ánimo de lucro, cuxo principal obxectivo fundacional é constituírse en centro de estudo e investigación en torno ao quefacer literario, xornalístico e cinematográfico do coruñés Wenceslao Fernández Flórez. Ten a súa sede na Villa Florentina, a casa museo de Wenceslao Fernández Flórez, sita no lugar de Apeadeiro nº 14, Cecebre (Cambre).

Características

Ten como fin preservar o patrimonio inmobiliario, textual e bibliográfico, promover o estudo da súa obra e divulgar a pertinente reflexión crítica sobre a súa relevancia e transcendencia histórica. O ámbito territorial da Fundación é, en primeira instancia, Galicia, aínda que o seu quefacer científico-cultural poderá desenvolverse en calquera outra parte de España ou en calquera país estranxeiro que o Padroado considere convenientes para cumprir coa súa misión fundacional, segundo establecen os seus Estatutos. A este respecto, a Fundación estará en permanente contacto e relación coa comunidade universitaria e con outras fundacións ou centros de investigación, públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cuxos intereses coincidan cos da Fundación. Co fin de dinamizar a súa actividade cultural e investigadora, a Fundación encomenda o goberno, representación e administración da mesma ao seu Padroado, do que forman parte os seguintes estudosos e investigadores: Presidente, José Luis Castro de Paz Secretario Tesoureiro, Héctor Paz Otero Presidentes de Honor Wenceslao Fernández Flórez ✝ Antonio Luis Fernández Flórez ✝ Ruth Fernández-Flórez Alejandro Fernández-Flórez

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Fundación · Biblioteca de museo

Altitude do ponto ≈ 28 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Cambre, a 3,2 km

Habitantes do concelho 24.771 (2025) · IGE

Como ir

Horário Sa-Su 12:00-14:00,17:00-20:00

Entrada Grátis

Endereço Apeadeiro, 14, Villa Florentina. Cecebre

Ver no mapaLer na WikipédiaSite oficialComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar