Igreja

Igrexa de San Xoán Bautista de Eirís

A Coruña · 1928

Igrexa de San Xoán Bautista de Eirís

A igrexa de San Xoán Bautista é un templo católico situado no lugar de Monserrat (A Coruña).

Descrición

A igrexa, de estilo neogótico está situada nun lugar de difícil acceso, por ser inicialmente a capela do Hospital Labaca. A fachada principal ten un arco apuntado cun rosetón. O exterior tamén ten contrafortes nos laterais. O interior é de tres naves con bóveda oxival.

Historia

O templo forma parte do complexo do Hospital Labaca, da fundación creada polos irmáns Ricardo e Ángela Labaca. O proxecto foi encargado a Leoncio Bescansa, tamén autor das Escolas Labaca. A obra realizouse entre 1926 e 1928 e foi inaugurada en presenza do xeneral Primo de Rivera, entón no poder. En 1950, cando a fundación non conseguía sustentarse, cedeuna ao concello para que instalase o Hospital Municipal. O templo, atendido por un capelán, pasou ao arcebispado de Santiago de Compostela. En 1977 converteuse en iglexia parroquial coa creación da parroquia de San Xoán Bautista, escindida de Nosa Señora do Carme.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar