Castelo

Castelo de Santo Antón

A Coruña

Castelo de Santo Antón, castelo en A Coruña

Foto: Álvaro Pérez Vilariño · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Castelo em A Coruña, a 630 m do Camiño Inglés.

O castelo de Santo Antón, é un castelo construído no século XVI que formaba parte, xunto co castelo de Santa Cruz (en Liáns) e o castelo de San Diego (en Oza, hoxe desaparecido), dunha rede estratéxica de castelos e baterías para a defensa da cidade da Coruña. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1949 e desde o ano 1994 pasou a ter a consideración de Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento. Dende a súa inauguración no ano 1968 alberga o Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña.

Historia

No lugar que hoxe ocupa o castelo, e que era un illote próximo ao porto da Coruña, existía a finais da Idade Media unha capela dedicada a santo Antón e nela confinábanse os navegantes co mal coñecido como lume de santo Antón (ergotismo), sendo tamén utilizado con posterioridade como lazareto.

Precedentes

Na visita á Coruña de Carlos V o 14 de abril de 1520, o Consello da cidade fíxolle chegar a necesidade existente de contar cunha boa defensa para facer fronte aos ataques dos barcos ingleses e co obxecto de obter o permiso para a construción dunha Casa de Contratación, petición que fora feita pola nobreza e o clero galego nese mesmo ano, xa que desde o ano 1503 o comercio con América se centralizaba na Casa de Contratación de Sevilla. Co regreso da expedición de Fernão de Magalhães e Juan Sebastián Elcano en setembro de 1522, o Consello da Coruña fixo chegar un memorial ao emperador Carlos V, solicitando que o seu porto fose a base comercial da nova ruta aberta. Finalmente o emperador concedeulle a Casa de Contratación á cidade o 22 de decembro de 1522, facilitando o comercio co norte de Europa.

Construción

No ano 1528 elixiuse a illa de Santo Antón como o lugar para a construción dunha fortaleza. Nese ano recibíronse na Coruña cartas e provisións reais, nas que o emperador mandaba que se levantase unha fortificación. O enxeñeiro Fratín, inspector de fortificacións de Filipe II, referendou o lugar en 1581 e o rei autorizou a súa construción, que levou a cabo o profesor da Real Academia de Matemáticas, o enxeñeiro alférez Pedro Rodríguez Muñiz, que se atopaba en Galicia ao servizo do capitán xeneral marqués de Cerralbo. A obra iniciouse no ano 1587, tal e como indica unha inscrición situada a carón do escudo do marqués de Cerralbo da portada da fortaleza. Deseñou un modelo italiano adaptado a unha illa. Algún documento fala do uso para a construción de perpiaños da escaleira exterior estragada da Torre de Hércules. A pedra da antiga muralla da cidade tamén foi utilizada para a súa construción. No ano 1590 o rei Filipe II ordenou ao seu arquitecto Tiburcio Spinochio que continuase e finalizase as obras do castelo que foran interrompidas polo ataque de Francis Drake. Deste xeito remataron nese mesmo ano as obras, coa construción dos aloxamentos para a tropa, o alxibe e a torre que defende a porta. A súa construción prolongouse desde o século XVI a boa parte do XVII, períodos durante os cales a cidade viu partir a Armada Invencible, tivo que facer fronte aos ataques ingleses (Drake en maio de 1589) e ao acoso da frota do arcebispo de Bordeos no ano 1639.

Batallas

Durante o ataque de Francis Drake á cidade foron dúas compañías de soldados e varias pezas de artillaría as que defenderon con eficacia o flanco sur da Cidade Vella desde o castelo sen rematar. No ano 1639 a frota do arcebispo de Bordeos atacou a cidade. O fogo cruzado da artillaría deste castelo e a do desaparecido de San Diego xogou un importante papel na defensa.

Lazareto e prisión

Dos séculos XVI ao XVIII foi un edificio defensivo e prisión, e máis tarde foi empregado como lazareto para illar os mariñeiros que chegaban á cidade afectados dalgunha enfermidade infecciosa. === Reformas do século XVIII ===…

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Fortaleza

Estilo Renacemento

Telhado De uma água

Altura 3,5 m

Andares 1

Quem cuida Concello da Coruña

Proteção Ben de Interese Cultural

Altitude do ponto ≈ 0 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima A Coruña, a 875 m

Caminho de Santiago Camiño Inglés, a 630 m

Habitantes do concelho 251.277 (2025) · IGE

Como ir

Horário Jul-Aug: Tu-Sa 10:00-21:00 · Jul-Aug: Su 10:00-15:00 · Sep-Jun: Tu-Sa 10:00-19:30 · Sep-Jun: Su 10:00-14:30

Entrada Pago

Cadeira de rodas Limitada

Endereço Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2A, 15001, A Coruña

Ver no mapaLer na WikipédiaSite oficialComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar