Conjunto Histórico-Artístico
Igrexario da Grela
A Coruña

O igrexario da Grela é un conxunto arquitectónico construído no século XVIII situado na parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña. Está situado dentro do Parque Empresarial de Agrela. == Historia == A capela, baixo a advocación de Santo Antón, ten a súa orixe na fundación do Mayorazgo y Capilla de La Grela, outorgado por Antonio Pardo en 1724. O obxectivo, ademais do culto, era impartir clases á infancia da zona. O conxunto foi realizado en estilo barroco por Simón Rodríguez e Clemente Fernández Sarela entre 1754 e 1765. No século XX, co establecemento de novos colexios públicos e a falta de fondos da fundación o conxunto comezou a arruinarse. En 1991 o edificio pasou ao concello da Coruña, que o reformou segundo o proxecto da arquitecta Angelika Lorenzen Ketterling para establecer unha escola-taller. Posteriormente pasou a acoller o Centro Municipal de Empresas. A capela emprégase como salón de actos. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === García Cortés, C. (2011). Templos Coruñeses: Historia - Arte - Culto. ISBN 978-84-936595-5-4.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Marineda Citya 174 mTeatro Colón-Carballo E.A. · Teatro Colón-Arteixo · Teatro Colón-Caión · Teatro Colón-Caión (por O Seixo) · Teatro Colón-Laracha · CORUÑA E.A.-LARACHA
- Marineda Citya 175 mCORUÑA E.A.-SANTA COMBA
- Pol. da Grelaa 186 mA Barcala-Arteixo (por polígonos)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.