Dólmen
Mámoa do Rei
Redondela · Pontevedra

A Mámoa do Rei é unha mámoa pertencente ao complexo arqueolóxico de Monte Penide, na parroquia de Trasmañó ou na de Negros (Redondela). == Características == A mámoa posúe planta poligonal orientada cara ao leste e conserva seis ortóstatos ou lousas que forman no seu interior unha cámara. O túmulo de terra é dun diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura. O estado de conservación está alterado por mor de causas humanas, coma estradas asfaltadas ou postes telefónicos. Ademais, existen diversas raposeiras e vexetación propia do bosque que altera o túmulo. No seu interior foron atopados restos arqueolóxicos prehistóricos, coma cerámicas, ferramentas de pedra, punta de frecha de sílex e outros enxovais.. O túmulo era coñecido desde a década de 1950 tras as prospeccións realizadas por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Despois, a mámoa sufriu abandono e deterioración, conservando só algúns dos esteos in situ. No verán do 2001, unha intervención arqueolóxica reconstruíu o monumento, reintegrando a lousa que cobre a cámara, partida en dous, ademais de recuperar diversos materiais cerámicos e líticos. Na actualidade está catalogada coma Ben de Interese Cultural.. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Hidalgo Cuñarro, J. M. (1985): Redondela Arqueoloxía, Concello de Redondela. === Outros artigos === Redondela Monte Penide Megálitos de Galicia === Ligazóns externas === Museo Virtual do Monte Penide Prehistórico. Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Desenvolvido polo Concello de Redondela e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. "Monte Penide luce su arte rupestre", artigo no Faro de Vigo, 7 de outubro de 2013 (en castelán). https://terrasdepontevedra.org/patrimonio/mamoa-do-rei/[Ligazón morta]
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Redondela (almacén Alcampo)a 1.0 kmA Pena-Redondela (Fonte De Santiago)
- Redondela (almacén Alcampo)a 1.0 kmA Pena-Redondela (fonte de Santiago) · Redondela (mercado)-CUVI · Redondela (mercado)-CUVI
- Fortónsa 1.1 kmA Pena-Redondela (fonte de Santiago) · Redondela (mercado)-CUVI · Redondela (mercado)-CUVI
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.