Sítio arqueológico
Marco Medieval de Porto Lampai
Cruces · Padrón · A Coruña

Foto: Adrián Estévez (Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Sítio arqueológico em Cruces (Padrón, A Coruña), a 215 m de altitude, a 39 m do Ruta Per Caminho de Lampai.
O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.
Toponimia
A orixe do topónimo é o latín cautum, que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.
Localización
Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9. Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.
Marcos
O couto está definido con catro marcos como lindes do terreoa. O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Norte e Lampai), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto era mcmxciv et quotum i kalendas septemberis cum auctoritatem imperatoris et omnibus intervinientibus patronim statuit ("ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este padrón"). O marco II, pegado a unha canteira (entre O Pedroso do Norte e Queiruga) ten un texto na cara norte (co texto patronim statuit), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste. O marco III (entre O Pedroso do Vendaval e Pazos -¿Reis?- en Padrón) ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula patronim statuit. O cuarto marco descubriuse en 2002.
Galería de imaxes
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Dados
Época Medieval
O que é Marco miliário
Altitude do ponto ≈ 215 m · Terrain Tiles
Vila mais próxima Padrón, a 5,1 km
Rota que passa perto Ruta Per Caminho de Lampai, a 39 m
Habitantes do concelho 8.324 (2025) · IGE
Chegar de autocarro
- Lampai (cruzamento)a 623 mXuane (cruzamento igrexa)-Padrón E.A. · A SILVA-Padrón E.A. · Xuane (cruzamento igrexa)-Espasande-Padrón E.A.
- Lampai (cruzamento)a 625 mXuane (cruzamento igrexa)-Padrón E.A. · Xuane (cruzamento igrexa)-Espasande--Cornide-Padrón E.A. · A SILVA-Padrón E.A.
- Mosteiro (Lampai)a 704 mO Espiño-A Ramallosa · SANTIAGO E.I.-A SILVA · Xuane (cruzamento igrexa)-Padrón E.A. · Xuane (cruzamento igrexa)-Espasande--Cornide-Padrón E.A. · A SILVA-Padrón E.A.
Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

