Miradouro
Miradoiro de Santa Cruz
Ribadeo · Lugo

O miradoiro de Santa Cruz forma parte da ruta dos miradoiros de Ribadeo. Sitúase no monte de Santa Cruz, con vistas cara á ría de Ribadeo e o mar Cantábrico, incluíndo lugares como a ponte dos Santos (parcialmente tapada pola vila), As Figueiras (Castropol) e demais paisaxes da zona. Neste miradoiro atópase unha pequena ermida, e na súa veciñanza pasa o Camiño de Santiago. Tamén hai dúas cruces (unha antiga e outra máis nova) que son as que lle dan nome o miradoiro, e xunto a elas está erixido o monumento ao Gaiteiro Galego, obra do escultor ourensán Antón Faílde; por detrás das cruces agóchase o observatorio astronómico (A Casa da Ría). O lugar dispón de mesas, bancos, grellas e auga corrente para uso campestre. Destácase aínda máis pola festividade que se celebra o primeiro domingo de agosto, recoñecida de interese turístico, a coñecida Xira de Santa Cruz que, celebrada xunto coa festividade na honra dos gaiteiro (o Día da Gaita), fan do recinto un lugar de asento e abrigo de romarías.
Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Santa Cruza 324 mRibadeo E.A.-A Aldea de Baixo (Vilamartín Pequeno)
- Santa Cruza 409 mRibadeo E.A.-A Aldea de Baixo (Vilamartín Pequeno)
- O Chao de Ovea 586 mRibadeo E.A.-A Aldea de Baixo (Vilamartín Pequeno) · Ribadeo E.A.-A Aldea de Baixo (Vilamartín Pequeno)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.