Museu

Museu de Arte Contemporânea de Vigo

Vigo · Pontevedra · 2002

Museu de Arte Contemporânea de Vigo, museu en Vigo

Foto: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Museu en Vigo (Espnha), a 40 m de altitude, a 1,2 km do Caminho Português de Santiago.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, tamén coñecido como MARCO, é un espazo público dedicado á difusión da arte contemporánea, situado na cidade de Vigo (provincia de Pontevedra).

Historia

Edificio

O museo atópase no centro da cidade de Vigo, na rúa peonil de Príncipe e ocupa o antigo edificio dos Xulgados e cárcere de Vigo, construído en 1880. A reconversión do edificio en Museo de Arte Contemporánea xurdiu como resposta á falta de infraestruturas culturais que tiña a cidade. As obras de remodelación foron dirixidas polo equipo vigués de arquitectos formado por Manuel Portolés Sanjuán, Francisco Javier García-Quijada Romero e Salvador Fraga Rivas, iniciáronse no outono de 1999 e concluíron en decembro de 2001. Antes da súa remodelación, o edificio xa contaba cun espazo que se adaptaba ao concepto de museo, cun vestíbulo de acceso (ou rotonda) que organizaba o espazo e do cal partían tres naves radiais (antigas celas derrubadas) que dan lugar a catro patios abertos. Este modelo de construción orixinaria foi respectado na súa remodelación.

Actividade

O museo, de titularidade municipal, foi inaugurado o 13 de novembro de 2002, A primeira directora do museo foi Carlota Álvarez Basso, quen foi substituída por Iñaki Martínez Antelo no mes de novembro de 2005. Dispón de 10.007 m², dos cales 3.500 están destinados a salas de exposicións. Naceu co obxectivo de conservar, investigar e exhibir obras de arte, estando entre as súas prioridades a produción, formación, comunicación e difusión da cultura contemporánea. É un centro cunha programación pluridisciplinar aberta a tódolos soportes artísticos actuais, orientado cara ao coñecemento da arte e da cultura. O MARCO forma parte da Rede Española de Museos. O modelo de colaboración da rede é a Asociación Estratéxica de Museos, que posibilita modelos de xestión cun carácter estruturado e normalizado. Entre as premisas desta alianza están a coprodución de mostras, a creación de programas conxuntos, o intercambio de experiencias e información e o préstamo e depósito patrimonial. Durante 2007, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo tivo un total de 87.027 visitantes, o que constitúe un aumento de 14.500 persoas respecto aos 72.000 visitantes de 2006. Na actualidade atópase á cabeza dos museos galegos en número de visitas, superando no ano 2006 ao Centro Galego de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, que con 58.000 visitantes é o segundo máis visitado. En parte isto é debido á política de gratuidade impulsada polo museo. O 13 de novembro de 2007 o MARCO celebrou o seu quinto aniversario con ¨Tempo ao tempo¨, exposición conmemorativa sobre o paso do tempo que, por primeira vez, ocupou os dous andares e o espazo anexo do museo. A mostra foi considerada pola revista El cultural como unha das dez mellores exposicións feitas en España durante 2007[Cómpre referencia].

Galería de imaxes

Outros artigos

Museos de Galicia

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Dados

O que é Museo de arte

Andares 3

Visitantes por ano 47.095

Inaugurado 2002

Também chamado MARCO

Proteção Ben de Interese Cultural

Altitude do ponto ≈ 40 m · Terrain Tiles

Vila mais próxima Vigo, a 361 m

Caminho de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,2 km

Habitantes do concelho 295.735 (2025) · IGE

Como ir

Horário Tu-Sa 11:00-14:30,17:00-21:00 · Su 11:00-14:30

Entrada Grátis

Telefone +34986113900

Endereço Rúa do Príncipe 54

Ver no mapaLer na WikipédiaSite oficialComo chegar

Chegar de autocarro

Paragens do transporte público regional. Haver paragem não quer dizer que passe um autocarro hoje: as linhas estão ordenadas pelo número de circulações que fazem, e os horários estão em bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar