Praia

Praia das Maceiras

Cabana de Bergantiños · A Coruña

A praia das Maceiras ou praia das Maseiras é un pequeno areal situado na parroquia de Canduas, en Cabana de Bergantiños, a carón da praia de Area das Vacas, con difícil acceso dende Taboído. Ten vistas a Punta do Roncudo (Corme) e a Corme Aldea, xa que é o primeiro areal mariño da costa cabanesa. Está bañada pola ría de Corme e Laxe e está nun estado virxe e totalmente natural. Non ten servizos de aparcadoiro, ducha nin socorrismo. Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o maragota (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) ou a lapa; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico. Nela pódese realizar pesca deportiva, non e frecuente encontrar pescadores neste lugar.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar