Praia

Praia de Area das Vacas

Cabana de Bergantiños

Praia de Area das Vacas

A praia de Area das Vacas é un pequeno areal situado na parroquia de Canduas, no concello de Cabana de Bergantiños. Esta bañada pola ría de Corme e Laxe, e presenta un estado case natural. O seu nome vén dado porque era un lugar común onde os veciños da parroquia levaban a pastar as vacas. Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o maragota (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) ou a lapa; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico. Nela practícase pesca deportiva.

Texto da Wikipédia em galego, com licença CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipédiaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar