保护区
As Catedrais
A Devesa · Ribadeo · Lugo · 2004
照片: Tanja Freibott · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A Devesa (Ribadeo, Lugo)的保护区, 海拔约 10 米, 距Foz 8.1 km.
As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Ozcos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.
Xeografía
A extensión da zona especial de conservación (ZEC) esténdese polas praias de San Miguel de Reinante, Augas Santas, Esteiro, As Illas, Os Castros, Areosa e Olga. Ten unha altitude media de 15 metros.
Hábitat e flora
A vexetación é a típica dos cantís e rochedos de costas expostas ao mar. Hai dunas móbiles embrionarias, dunas móbiles de litoral con feos (Ammophila arenaria) tamén chamadas dunas brancas, dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises), uceiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix, uceiras secas atlánticas costeiras de Erica vagans e bosques aluviais de amieiros e freixos. Os pasteiros salinos e o mato con formas de almofadas son as formacións máis comúns. Entre estes últimos están as torgueiras e toxeiras nas que destaca a presenza de Erica vagans, especie que en Galicia está restrita a algúns puntos do seu extremo setentrional.
Fauna
As praias acollen algunhas especies de aves limícolas nos meses invernais, e pódese observar a presenza da píllara pequena (Charadrius dubius) e virapedras (Arenaria interpres), mazaricos rabipintos (Limosa lapponica) e varias especies de pilros, coma o pilro tridáctilo e o pilro cinsento (Calidris maritima). Son relativamente frecuentes, tamén no inverno, as aves mariñas, entre as que podemos observar, ademais de gaivotas e corvos mariños, carráns (Sterna spp.), mascatos comúns (Sula bassana) e, incluso individuos illados de Mobella ártica e pequenas bandadas de patos mariños ou de parrulos pentumeiros comúns (Melanitta nigra).
Lexislación
O espazo foi considerado e delimitado como lugar de importancia comunitaria en 2001 e foi declarado como zona de especial protección en 2003 na Rede Natura 2000. O Monumento Natural da Praia das Catedrais acolle a esa praia e é de 29 ha.
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Espazo natural protexido · Zona de especial conservación
面积 298 m²
该点海拔 ≈ 10 m · Terrain Tiles
最近城镇 Foz,8.1 km
全市人口 9,996 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Praia das Catedrais144 米外Ribadeo E.A.-Foz E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A.
- PRAIA DE ESTEIRO834 米外Ribadeo E.A.-Foz E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A.
- Campamento II912 米外IES de Ribadeo Dionisio Gamallo-A Insua II
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。



