灘

Praia das Illas

A Devesa · Ribadeo

Praia das Illas, 灘 en Ribadeo

照片: Balles2601 / Wikimedia Commons / CC BY-SA 4.0 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Lugo, Galicia的海滩, 海拔约 6 米, 距Ribadeo 7.9 km.

A praia das Illas está situada no termo da parroquia da Devesa, na zona da aldea da Rochela. A súa anchura media estímase entre 9 e 10 m, e a súa lonxitude é de 750 m (aínda que outras fontes din ter 98 m), sendo o nivel de ocupación alto nos períodos estivais. A praia dispón de area branca e fina, sendo unha praia aberta con ondas moderadas e rectilíneas. Conta coas especies faunísticas propias de calquera praia, sobre todo aves. Enmarcada no medio dunha paraxe rochosa de extraordinaria fermosura, igual que a veciña praia dos Castros, coa que se comunica na baixamar. Na preamar, ocorre que, dependendo das correntes mariñas de cada ano, esta praia pode desaparecer e sexan só olladas varias illas que se sitúan no areal, das que toma o nome. Esta, xunto coas praias de San Miguel de Reinante (Barreiros), As Catedrais, Esteiro, Os Castros, Areosa e Olga (todas de Ribadeo), conforma a Zona das Catedrais, espazo natural protexido e catalogado coma "Rede Natura 2000". A praia dos Castros-As Illas recibiu a bandeira azul no 2015. Dispón de servizo de salvamento (os feridos son trasladados ao Hospital Comarcal da Costa-Burela) e sinalización do estado de mar. Está próxima ao Porto Deportivo de Foz. A ela pódese chegar saíndo de Ribadeo pola estrada N-634 en dirección a Lugo, ata desviarnos por un ramal á dereita sinalizado, que nos leva xusto ata o recurso. Ten a maiores outros servizos (a maioría deles a uns 500 m): aparcadoiros, teléfonos, restaurante e bar, hoteis, Cruz Vermella e servizo de vixilancia. Na praia tamén dispón de servizos, ademais dos mencionados: duchas, pasarelas, limpeza diaria.

Outros artigos

Praias da provincia de Lugo

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Praia de area branca

长度 190 m

该点海拔 ≈ 6 m · Terrain Tiles

最近城镇 Ribadeo,7.9 km

全市人口 9,996 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近