温泉镇
Balneario da Toxa
O Grove

照片: Joaquín Pintos · Public domain · Wikimedia Commons ↗
O Grove的温泉镇, 海拔约 3 米, 距O Grove 2.2 km.
O Gran Hotel da Toxa é un hotel-balneario situado na illa da Toxa, no concello do Grove. Foi inaugurado en 1907 e reformado en 1945. É un hotel de luxo.
Historia
Os pescadores locais da ría de Arousa decatáranse das augas mornas da illa e camiñaban polas augas medicinais notando na pel as súas calidades. Emilia Pardo Bazán, en 1911, conta a lenda de que tempo despois se abandonou na illa un burro con úlceras e tiña, e tras uns meses o seu dono atopouno san e saltando. O burro bañárase na lama e desapareceran as feridas. A historia axudou á creación do Gran Hotel na Toxa. A explotación turística comezou arredor de 1840. O hotel inaugurouse en 1907, baseado nos balnearios desa época como o de Marienbad en Alemaña (hoxe na República Checa). Construíronse dous pavillóns, un para os cuartos e outro para o casino, conectados por unha galería, deseñados polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías. A decoración interior tiña frescos nos salóns e escaleiras. O hotel acadou sona entre as clases altas de Galicia e mesmo entre a corte de Madrid. En 1945 foron derrubadas as torres e reformouse o edificio case totalmente. Consérvase a escaleira e as xanelas teñen reminiscencias dos tempos anteriores. Os cuartos foron renovados, mais hai mobles antigos. Desa época tamén existen columnas, mais o resto é novo.
Outros artigos
Balnearios de Galicia
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Hotel · Balneario
该点海拔 ≈ 3 m · Terrain Tiles
最近城镇 O Grove,2.2 km
全市人口 10,877 (2025) · IGE
乘巴士前往
- A Toxa (Centro comercial)414 米外A Toxa (centro comercial)-Hospital do Salnés · A Toxa (centro comercial)-Hospital do Salnés
- A Toxa (Ponte)1.1 公里外O Grove E.A.-O Grove E.A. (por San Vicente do Mar e San Vicente do Grove) · A Toxa (centro comercial)-Hospital do Salnés · A Toxa (centro comercial)-Hospital do Salnés · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · Santiago-Vilagarcía-Cambados-Sanxenxo-O Grove-A Toxa · A Coruña-Ordes-Santiago-Padrón-Vilagarcía-Vilanova-Cambados-Vilalonga-O Grove-A Toxa
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。