Praia da Lanzada

O Grove · Pontevedra

Praia da Lanzada

A praia da Lanzada é un dos areais galegos máis coñecidos. Pertencente á parroquia San Vicente do Grove, está situada no tramo de costa entre os concellos de Sanxenxo e O Grove. É unha praia aberta con máis de 2.700 m de lonxitude, sendo a sétima máis longa de toda Galicia. Tivo concedida a Bandeira Azul pero, en 2017, o concello do Grove renunciou ás bandeiras azuis en todo o seu termo, manténdose o galardón para o tramo de Sanxenxo. Dispón de multitude de servizos. Nas proximidades atópanse a Torre da Lanzada, o Castro da Lanzada e a ermida da Nosa Señora da Lanzada, todos eles xa en terreos do concello de Sanxenxo. == Galería de imaxes == == Notas ==

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近