古树

Carballeira de San Xusto

Cerdedo Cotobade · Pontevedra

Carballeira de San Xusto

A carballeira de San Xusto é unha carballeira que se atopa na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cerdedo Cotobade), nunha lomba sobre o río Lérez.

Características

É un lugar tradicional de encontro e referencia de lendas e vellos contos; contén carballos centenarios ademais de castiñeiros e carballos americanos. Dunha ampla extensión no pasado, hoxe está moi minguada. Entre 1990 e 1996 houbo un conflito pola propiedade da carballeira entre os veciños da parroquia de San Xurxo de Sacos e a arquidiocese de Santiago de Compostela. O 6 de xuño de 1990 o párroco Manuel Lorenzo efectuou en Ponte Caldelas o rexistro a nome da Igrexa deste espazo e do monte de Lixó. Logo de diversos actos de protesta, durante anos de enfrontamento, a Audiencia Provincial e o Tribunal Supremo ratificaron a resolución ditada por un xulgado de instrución que daba a razón aos veciños. A propiedade da carballeira é da Comunidade de Montes da parroquia. Durante a vaga de incendios de 2006 un forte incendio baixou desde Cerdedo a Pontevedra seguindo a beira do río Lérez, e pasou xunto á carballeira xusto o 5 de agosto. Os veciños que celebraban a romaría tiveron que marchar ás présas, ben para escapar do lume, ben para axudar a apagalo. Finalmente a carballeira salvouse. Un devoto dos Santos Xusto e Pastor, en agradecemento, trouxo ás festas dos anos seguintes cantantes de sona, como Manolo Escobar, Bertín Osborne ou David Bustamante, que achegaron milleiros de persoas á carballeira.

Patrimonio arquitectónico

Está presidida por un cruceiro e unha capela, na que os días 5 e 6 de agosto se celebra a romaría de Santos Xusto e Pastor. Antigamente celebrábase na carballeira a danza das espadas, e os mozos da zona ían á caza de cabras salvaxes descolgándose sobre os cantís do val. A veciñanza e a xente chegada en peregrinación participaba na procesión do santo polos lugares da parroquia, na que amais das imaxes de diferentes santos, ía o estandarte da Sociedade de Agricultores de San Xurxo de Sacos, fundada en 1903. Algúns dos peregrinos ían ofrecidos, levando caixas de mortos e ofrendas para poxar por elas. A pequena ermida conserva o presbiterio cuberto, do século XV ou XVI, con bóveda de nervaturas. A nave é do século XVIII. Sobre a porta principal hai unha pedra coa seguinte inscrición: Sobre unha porta no lateral sur hai outra pedra coa seguinte inscrición: En xuño de 2007 inaugurouse unha estatua en memoria da loita veciñal, concibida polo escultor Alfonso Vilar e rematada polo alumnado da Escola de Canteiros de Poio. A escultura inclúe a seguinte inscrición:

A carballeira na literatura popular

A Carballeira do San Xusto,/ ten ó lado unha xesteira/ onde hei de botar a noite/ cunha mociña solteira. Carballeira de San Xusto,/ carballeira derramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla. Carballeira de San Xusto,/ carballeira enramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla . Carballeira de San Xusto/ moitos arrodeos ten,/ se non fora polos Santos/ alá non iba ninguén. Carballeira do San Xusto,/ Carballeira do San Xusto,/ naquela carballeiriña/ hei de beilar ó meu gusto. Carballeira do San Xusto,/ carballeiriña famosa,/ naquela carballeiriña/ perdín eu a miña rosa. O castaño do San Xusto/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha noite de xiada. San Xusto e San Pastor/ andan polos cotos/ para dar gracias ós forasteiros/ e curar ós coxos. Ademais de na literatura popular, tamén ten presenta na literatura erudita, como nun poema de Xosé Fraga Iglesias.

Galería de imaxes

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

在地图上查看在维基百科阅读路线

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

附近