桥

Ponte de San Xurxo

San Xurxo de Sacos · Cerdedo Cotobade · Pontevedra

Ponte de San Xurxo, 桥 en Cerdedo Cotobade

照片: Adrián Estévez (User:Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

San Xurxo de Sacos (Cerdedo Cotobade, Pontevedra)的桥, 海拔约 107 米, 距Pontevedra 14 km.

A ponte de San Xurxo é unha construción do século XVIII que cruza o río Lérez no lugar da Pontenova, Fontán, na parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello de Cerdedo Cotobade. Está en bo estado de conservación.

Historia

Une a aldea de Fentáns, ao norte do río, co resto da parroquia de San Xurxo de Sacos, situada ao sur. É coñecida tamén como Pontenova, o que indica a existencia dunha ponte anterior, da que quedan restos augas abaixo. Foi promovida polos irmáns Xosé Benito e Pedro Antonio Lis Soto, curas respectivamente de San Xurxo e Santa María de Sacos, debido a que a ponte Retorto, entre Cutián e Praderrei (O Campo Lameiro), estaba en mal estado. Foi construída entre 1721 e 1730 polo canteiro Pedro García, de Santa María de Sacos, quen en 1717 fora mestre canteiro das obras de ampliación do Colexio de Fonseca. Na lousa central da ponte percíbense, medio borrados polo desgaste, un P e un G. É unha ponte de cantería cun arco de medio punto apoiado nas rochas das dúas beiras do río, se ben o proxecto orixinal, conservado no Arquivo do Reino de Galicia, contemplaba dous arcos apoiados nunha rocha que hai no medio do río uns metros máis abaixo. Ten 19,2 metros de luz, unha das pontes con máis luz de Galicia por tras das da Proba (Navia de Suarna), a ponte da Cigarrosa (Petín-A Rúa de Valdeorras) e a ponte da Labrada en Barxa de Lor (A Pobra do Brollón). A comezos do século XXI construíuse outra ponte cen metros augas abaixo que permite o tráfico de vehículos.

Galería de imaxes

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 桥

该点海拔 ≈ 107 m · Terrain Tiles

最近城镇 Pontevedra,14 km

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近