加利西亚领主宅邸

Casa Bailly

O Temple · Cambre · A Coruña

Casa Bailly, 加利西亚领主宅邸 en Cambre

照片: N O E L | F E A N S · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

O Temple (Cambre, A Coruña)的加利西亚领主宅邸, 海拔约 40 米, 距Camiño Inglés 442 m.

A casa Bailly é unha mansión de estilo modernista localizada na vila galega do Graxal (O Temple, Cambre). Foi abandonada en 1981, e atópase nun estado completamente ruinoso.

Descrición

A casa Bailly é unha vivenda modernista con dous corpos divididos en dúas alturas, de andar case cadrado, con faiado e soto. Orixinalmente a mansión, que posuía 22 habitacións, formaba parte dun complexo que se atopaba dentro dun terreo con 30.000 metros cadrados. Contaba tamén cunha vivenda para o chofer e o xardineiro. Os chans do primeiro andar tiñan uns luxosos mosaicos, parte dos cales aínda se conservan, e tamén se conservan algúns azulexos nas paredes. Actualmente a mansión é o único que aínda se mantén en pé do complexo.

Historia

O complexo da casa Bailly construíuse entre 1920 e 1924 por encargo do empresario Julio López Bailly. Orixinalmente, a mansión foi concibida como un hotel de 22 dormitorios, mais finalmente usouse como residencia de veraneo. A casa deseñárona o arquitecto galego Antonio Tenreiro Rodríguez e o arquitecto valenciano Peregrín Estellés. Por mor da súa ideoloxía republicana e de esquerdas, a familia Bailly viuse obrigada a abandonar Cambre após o triunfo en Galiza do golpe de Estado de 1936 e a mansión foi incautada pola Falanxe. O soto da casa usouse para recluír presos republicanos, así como Escola de Mandos do Movemento, e a partir do ano 1951 os seus andares superiores foron usados polo Sindicato Vertical. En 1969 a mansión sufriu un incendio na súa á dereita por mor dun cigarro mal apagado, e en 1981 o complexo foi pechado e abandonado, iniciándose así a súa deterioración. A ampliación da estrada N-VI causou a destrución da vivenda do chofer e o xardineiro, así como a varanda e mais o muro que delimitaba o terreo da mansión. En 2012 a casa sufriu outro incendio, de novo por mor dun cigarro, sufrindo danos graves, como a caída de parte do tellado. Nese mesmo ano tabicáronse as entradas e xanelas do andar baixo para evitar que entrase máis xente, unha medida que resultou inútil, pois aínda continúan os actos vandálicos no interior da mansión. En 2015, Cambre elaborou o Plan Xeral de Ordenación Municipal que outorgou ao conxunto o nivel de protección ambiental, o máis baixo dos previstos. Fixéronse varios plans de restauración, mais ningún deles foi levado a cabo. O concello de Cambre estima que son necesarios uns 4 millóns de euros para restaurar a casa Bailly.

Filmación de películas

En outubro de 2011, na casa Bailly rodouse parte do filme Todo é silencio dirixido por José Luis Cuerda.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Casa · Mansión

作者 Antonio Tenreiro Rodríguez · Peregrín Estellés

保护级别 Elemento da Lista Vermella do Patrimonio

该点海拔 ≈ 40 m · Terrain Tiles

最近城镇 O Seixo,460 m

圣雅各之路 Camiño Inglés,442 m

全市人口 24,771 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近