教堂
Igrexa de Santa María de Cambre
Cambre · A Coruña
照片: Jaume Meneses · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Cambre的宗教建筑, 海拔约 63 米, 距Camiño Inglés 1.6 km.
A igrexa de Santa María de Cambre é un templo de feitura románica de Cambre do século XII. Segue o estilo románico compostelán e é unha das igrexas a destacar no románico galego. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño do 1931. A protección como Ben de Interese Cultural esténdese á delimitación da contorna por Decreto 29 do 29 de xaneiro do 1998.
Situación
Esta antiga igrexa monástica sitúase na ribeira do río Mero, na parroquia de Santa María de Cambre no centro do concello de Cambre, na comarca das Mariñas dos Frades.
Historia
Pertencía á xurisdición da arquidiocese compostelá. Na Alta Idade Media, nun lugar coñecido como Calambre, fundouse un mosteiro familiar por parte do cabaleiro Alvito e as súas irmás Vestriberga e Urraca. O seu primeiro abade foi Adulfo. O mosteiro foi doado ao de San Paio de Antealtares o 16 de agosto do ano 932, que o mantivo ao principio en réxime de abadía e que, posteriormente, o converteu en priorado. No ano 1454 dependía coma encomenda de don Gómez Pérez das Mariñas I, mais no 1489 incorporouse, xunto co mosteiro de San Paio, ao de San Martiño Pinario, suxeito ás regras da congregación beneditina de San Bieito o Real de Valladolid. No 1589 foi incendiado polos ingleses e en 1809 polos franceses, polo que tivo que ser «en gran parte reconstruído, perdendo a igrexa case todo o seu antigo beiril», segundo conta Ángel del Castillo. Coa Desamortización de Mendizábal completouse a extinción do antigo mosteiro.
Etapas
A construción da igrexa pódese dividir en tres etapas principais.
Primeira etapa
A mediados do século XII comeza a construción da fachada principal maila occidental e os tres primeiros tramos das naves lonxitudinais. A nave central é un chisco máis longa cás laterais, que se separa por grandes piares cadrados con semicolumnas pegadas aos lados. Os arcos formeiros mailos transversais, sobre os que se sostén a cuberta de madeira son de medio punto e arrancan de capiteis con decoración xeralmente vexetal.
Segunda etapa
Neste período erixiuse a cabeceira protogótica. Presenta claras influencias da catedral de Santiago de Compostela na súa coroa con cinco capelas radiais, o que a emparenta, a pesar do seu tamaño, coas grandes igrexas de peregrinación. As capelas radiais ábrense á coroa por arcos oxivais, sustendados por semicolumnas pegadas aos muros, e cóbrense con bóvedas en forma de cosco sobre nervios.
Terceira etapa
Corresponde ao século XIII, no cal se rematan a cabeceira, o cruceiro, o derradeiro tramo das naves e a portada. A coroa cóbrese cunha bóveda anular e a capela maior, composta dun tramo rectangular mais outro semicircular, cunha bóveda de canón rematada en cuarto de esfera. Unhas escaleiras de cosco na banda leste dos brazos menores do cruceiro dan acceso ao que probabelmente foron no seu día dúas torres pequenas que hoxe non sobresaen da cuberta.
Descrición
A igrexa é o único que se conserva na actualidade do primitivo mosteiro, esta está orientada liturxicamente e a vivenda sacerdotal, situada ao sur, forma un «L» aberto a un patio rectangular, pechado polos seus lados norte e oeste cun alto muro de pedra. Foi construída a finais do século XII. Estrutúrase en planta de cruz latina (co brazo maior composto de tres naves con catro tramos), con deambulatorio. Da igrexa destaca o emprego dunha mestura de solucións románicas e góticas cunha forte influencia do taller da Catedral Compostelá.
Exterior
A parte mellor conservada do conxunto é a cabeceira que destaca pola elegancia, composta pola capela maior e cinco capelas nos absidiolos, que arrodean o gran tambor do deambulatorio, aínda que este perdeu os canzorros. Nestes absidiolos consérvanse as cornixas e abovedamentos orixinais. As xanelas de arco de medio punto entre contrafortes prismáticos e con arquivoltas as da ábsida central, contribúen a acentuar o aspecto medieval do conxunto.…
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 教堂 · Monumento
供奉 Santa María
屋顶 屋瓦
墙体 石
保护级别 Ben de Interese Cultural
登录编号 RI-51-0000541
该点海拔 ≈ 63 m · Terrain Tiles
最近城镇 Cambre,34 m
圣雅各之路 Camiño Inglés,1.6 km
全市人口 24,771 (2025) · IGE
资料来源 PNOA
如何前往
无障碍通道 是
电话 +34 981 67 51 57
地址 15660, Cambre
乘巴士前往
- Cambre (concello)38 米外Cambre: Cambre-Anceis-Andeiro
- Cambre (núcleo)126 米外Os Campons-Univ. Laboral-Teatro Colón · A Patiña-Cambre-Teatro Colón · Cambre: Cambre-Anceis-Andeiro · Os Campons-A Patiña-Cambre-A Barcala-Univ. Laboral-Teatro Colón · Cambre: San Lourenzo-Cruce Meixigo-Cambre · Lema-Cambre-A Barcala-Teatro Colón
- Cambre (núcleo)130 米外Teatro Colón-Univers. Laboral-Os Campons · Teatro Colón-Cambre-A Patiña · Teatro Colón-Univ.. Laboral-A Barcala-Cambre-A Patiña-Os Campons · Teatro Colón-A Barcala-Cambre-Lema · Hospital Abente y Lago-Cambre-A Patiña II
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。