城堡

Castelo de San Diego

A Coruña

Castelo de San Diego, 城堡 en A Coruña

照片: Benito de Irazabal; Archivo General Militar de Segovia · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Coruña的防御建筑, 海拔约 4 米, 距Camiño Inglés 929 m.

O castelo de San Diego foi un recinto fortificado situado á entrada da baía da Coruña. Foi construído entre 1606 e 1636, e xunto co castelo de Santo Antón formaba parte do complexo defensivo da cidade. Inicialmente chamouse castelo de San Gaspar, aínda que a partir de 1644 xa se coñeceu como castelo de San Diego. Segundo a descrición do cronista José Cornide, tratábase dunha construción poligonal adaptada ao saínte rochoso no que se asentaba, con dúas plataformas de artillaría e distintas dependencias agrupadas no centro, nas que se atopaban os corpos de garda, o almacén, a capela, a polvoreira e o cuartel. Este forte abaluartado contaba cunha dotación artilleira de 30 canóns. Nas crónicas do ataque franco-holandés á Coruña en 1639 (guerra franco-española de 1635-1659) xa se falaba da eficacia desta nova fortificación e da súa efectividade artilleira contra a escuadra do almirante Sourdis. Como barreira defensiva adicional, entre o castelo de San Diego e o castelo de Santo Antón tendíase unha cadea que bloqueaba o acceso ao porto da cidade. En 1963 o castelo de San Diego foi derruído co obxectivo de ampliar as instalacións portuarias, modificándose o litoral neste lugar para a construción dun peirao petroleiro.

维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗

资料

类型 Castelo · Estrutura desaparecida

停用 1963

该点海拔 ≈ 4 m · Terrain Tiles

最近城镇 A Coruña,1.7 km

圣雅各之路 Camiño Inglés,929 m

全市人口 251,277 (2025) · IGE

在地图上查看在维基百科阅读路线

乘巴士前往

自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。

附近