主教座堂
Colexiata de Santa María do Campo
A Coruña
照片: Jaume Meneses · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Coruña的宗教建筑, 海拔约 29 米, 距Camiño Inglés 94 m.
A Real Colexiata de Santa María do Campo é un templo católico situado na Coruña. Tamén foi coñecida cos apelativos do Mar e do Portal. Foi declarada Ben de Interese Cultural o 3 de xuño de 1931.
Historia
Existe constancia documental da existencia dun templo románico en 1208 dedicado á Asunción da Virxe. Deste edificio só se conserva a capela maior. Segundo as inscricións que se conservan, a igrexa actual debeu construírse a finais do século XIII e principios do XIV, quedando constituída en parroquia no 1302. Chámaselle "do Campo" porque primitivamente estaba fóra dos muros da cidade. Desde moi antigo foi igrexa dos gremios do mar e do comercio. No ano 1441 o arcebispo de Santiago Lope de Mendoza erixiu a igrexa como colexiata, pasando o reitor e os capeláns a constituír un cabido colexial formado por un prior e catro cóengos en 1476. O 24 de marzo de 1494 o papa Alexandre VI concedeulle o título de abadía mediante unha bula. No século XVI construíronse a capela da Estrela e a capela do Portal e no XVIII a de San Xosé. As obras de ampliación e alargamento do templo comezaron a finais dese século, coa construción da sancristía polo mestre canteiro José Elenalde en 1796. O baptisterio rematouse en 1812. En 1879 o cabido encargoulle ao arquitecto Juan de Ciórraga a restauración da fachada. Ese mesmo ano comezaron as demolicións das capelas da Estrela e do Portal e mais do soportal e as dependencias capitulares. As obras, paralizadas en 1890 por falta de fondos, concluíron en 1899, incorporando á fachada nova a orixinal. Porén, o pórtico que tamén deseñara Ciórraga non chegou a construírse.
Descrición
A colexiata está composta por tres naves rematadas nunha ábsida semicircular con tendencia oxival que mostra a persistencia do románico galego até ben entrado o gótico. A súa fachada principal, do século XIX, situada fronte ao pazo de Cornide, presenta un rosetón e sobre a súa portada románica orixinal levántase unha arcada cuxo tímpano está decorado cunha escena da epifanía. Os tímpanos das outras dúas portas están decoradas cunha imaxe de Santa Catarina na porta norte e cunha imaxe que pode ser o apóstolo Santiago ou unha escena monástica na sur. A torre das campás é oxival do século XV. No interior destacan as imaxes da Anunciación e maila talla de Santa María a Magdalena. Consérvanse ademais os sepulcros de Xoán Afonso de Prabio (1512) e de Xoán de Andeiro. Na capela maior está a tumba do primeiro abade da colexiata, Fernando Bermúdez de Castro (1494) e na outra nave atópanse os dous sartegos góticos de Fernán Moula e Sancha Martínez (século XIV). Levántase sobre unha escalinata e está precedida por un dos cruceiros máis antigos de Galicia (s. XV).
Galería de imaxes
Outros artigos
Arciprestado de Faro Casa Cornide
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 Colexiata · Monumento
风格 Arquitectura románica
供奉 Santa María
层数 3
别名 Real Colexiata de Santa María do Campo · Igrexa de Santa María
保护级别 Ben de Interese Cultural
该点海拔 ≈ 29 m · Terrain Tiles
最近城镇 A Coruña,253 m
圣雅各之路 Camiño Inglés,94 m
全市人口 251,277 (2025) · IGE
乘巴士前往
- A MAESTRANZA163 米外Pazo da Merced-Domus · Pazo da Merced - A Maestranza
- HÍPICA211 米外Pazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle
- Porta Real267 米外A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。
