凯尔特城寨
Castro da Lanzada
Noalla · Sanxenxo · Pontevedra · 15 m
照片: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Noalla, Sanxenxo的设防聚落, 海拔约 15 米, 距Sanxenxo 6.5 km.
O castro da Lanzada é un poboado castrexo orixinario do século VIII a.C.. Contén unha necrópole que foi utilizada ata os séculos III - IV d.C. Está situado na parroquia de Noalla (Sanxenxo), e asenta sobre a base dunha punta que se introduce no mar, nas inmediacións dos restos dunha fortaleza medieval, coñecida como a torre da Lanzada. No extremo máis occidental érguese a capela da Nosa Señora da Lanzada. O castro foi escavado por vez primeira na década de 1950 polo Museo de Pontevedra e da man de Filgueira Valverde, e desde entón foi obxecto de sucesivas escavacións (nos anos 70, por Francisco Fariña Busto, e no ano 1983, por de la Peña Santos) ata a reanudación da súa recuperación no verán de 2010. Nesta última ocasión o director do proxecto foi o arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Mª Rodríguez Martínez coa colaboración do Laboratorio de Patrimonio do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Ó estar cuberto de area, menos agresiva cá terra para os restos orgánicos, está ben conservado, o que non impediu a súa destrución parcial para levanta-la ponte que une o promontorio co illote inmediato ou a consecuencia de construcións modernas. A propia capela da Lanzada está levantada sobre restos do castro. En calquera caso, trala última intervención de 2010 só se accedeu ata o nivel correspondente ó século II a.C, estimando que aínda quedan uns 2-3 metros por escavar. Así mesmo, a superficie estudada é só unha pequena parte dos arredor de 9.000 m² que se estiman ocupados.
Datación
Os restos máis antigos poden datarse no Bronce final, a partir de fragmentos cerámicos atopados a uns 4 metros de profundidade, nun corte estatigráfico que se realizou nas campañas de 1969-1972, aínda que a extensión explorada foi moi reducida. Estes restos atopáronse no chamado sector exterior (ó leste da estrada), unha zona ocupada por vivendas construídas ó longo da primeira metade do século XX. Este sector exterior presentaba construcións e enterramentos datables ata o século III a.C., e carecía de elementos defensivos (muros ou fortificacións). Neste século, ó parecer a consecuencia dun incendio segundo se observa nos terceiro e cuarto niveis, abandonouse aquel lugar para manter habitada a área do promontorio costeiro, entre a estrada e o mar, que constitúe o castro hoxe visible e visitable. A principal característica deste asentamento radica en que foi un enclave comercial moi activo desde 800 anos antes da nosa era ata o século VI d. C. Mostra deste comercio marítimo é o achado de cerámica eivisenca e mesmo procedente de Exipto, Tunisia, Líbano, Palestina ou Turquía. Xurxo Ayán, un dos arqueólogos da prospección, cualificaba o castro como un Corte Inglés da época, que operou durante uns 1.500 anos, séculos despois da desaparición do Imperio Romano. O mentado Xurxo Ayán destaca con estes termos a importancia do xacemento da Lanzada:
Historia e campañas de escavación
As primeiras referencias documentadas do castro remóntanse ó século XVIII e proceden do Pai Sarmiento quen, en diferentes escritos, como tal na súa Obra de 660 pliegos (1762-1766), fai debuxos da punta da Lanzada e descricións do que viu, nos que anota “Aquí se descubrieron nueve sepulcros” . Sarmiento fala tamén dunha ara romana, da capela e mailo que el describiu como un faro romano. En 1949, as obras de ampliación da estrada costeira desde Sanxenxo ó Grove deixaron ó descuberto diversos restos óseos, polo que o Museo de Pontevedra organizou unha campaña de escavacións, dirixida por Filgueira Valverde e na que tamén interveu Sánchez Cantón. Nesta campaña descubriuse unha casa romana, a necrópole e escavouse o estrato medieval. Os restos atopados nesta escavación consérvanse no Museo de Pontevedra. Existe unha lenda en Noalla segundo a cal, a Santa Compaña saía desde aquí cara ás illas Ons, lenda que pode corresponder co coñecemento secular destes enterramentos .…
维基百科加利西亚语词条,采用 CC BY-SA 许可。 阅读完整条目 ↗
资料
类型 凯尔特城寨 · Sitio arqueolóxico
现状 En ruínas
海拔 15 m
最近城镇 Sanxenxo,6.5 km
全市人口 17,990 (2025) · IGE
乘巴士前往
- Raxeira254 米外O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Dorrón (centro cultural)-Sanxenxo-Portonovo-Lanzada-Sanxenxo · SX: Circular Sanxenxo-Portonovo-Lanzada-Sanxenxo · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
- A Lanzada (praia)326 米外O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Sanxenxo-Villalonga-Lanzada-Sanxenxo · Portonovo (farmacia)-Telleiro · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
- Raxeira332 米外O Grove E.A.-Portonovo-Pontevedra E.A. · SX: Circular Sanxenxo-Villalonga-Lanzada-Sanxenxo · IES de Vilalonga-Mirasol · IES de Vilalonga-Mirasol · O Grove E.A.-Pontevedra E.A. (por PO-308)
自治区公共交通的站点。有站点并不代表今天有车经过:线路按班次数量排序,时刻表见 bus.gal ↗。